Concello de Vimianzo
21 de maio de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

22-04-2026

O Concello de Vimianzo acolle a estrea de “Saias do mar”, coprodución do centro Coreográfico Galego e Artístika Producciones

O Concello de Vimianzo será este domingo 26 de abril o escenario da estrea de Saias do mar, a nova coprodución do Centro Coreográfico Galego e acompañía ArtístiKa Movemento. A función terá lugar ás 18:00 horas no Auditorio da Casa da Cultura.

A peza foi presentada hoXE en rolda de prensa no Concello nun acto no que participaron a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez; o director da AGADIC, Jacobo Sutil; a directora do Centro Coreográfico Galego, Pilar Portela;a Concelleira de Cultura Rosa Blanco; a técnica de Cultura, Nieves Lema; así como os codirectores de ArtístiKa Movemento, Nerea Andrés e Juan Miguel Hernández, e parte do elenco artístico.

Durante a presentación, o elenco realizou unha breve demostración da obra, unha proposta de danza contemporánea que mestura memoria, identidade e territorio nunha creación de forte carga simbólica.
Unha aposta pola creación e a descentralización cultural

Saias do mar está inspirada no Camiño da Traslatio e propón unha homenaxe á muller galega como forza ancestral vencellada ao mar, a través dunha proposta escénica que reflexiona sobre a memoria e o legado cultural.

A alcaldesa de Vimianzo puxo en valor a satisfacción do Concello por acoller esta iniciativa cultural e trasladou o agradecemento ao Centro Coreográfico Galego pola súa aposta por Vimianzo como sede de residencia artística e de estrea desta produción escénica.

Pola súa banda, a directora do Centro Coreográfico Galego, Pilar Portela, destacou o “frutífero momento creativo” que vive a danza en Galicia e o papel das coproducións como ferramenta clave para apoiar novas compañías e linguaxes escénicas.
Creación emerxente e vínculo co territorio

ArtístaKa Movemento, compañía creada en 2025, centra o seu traballo na creación e profesionalización da danza desde unha perspectiva contemporánea e clásica, favorecendo a conexión entre formación e práctica profesional.

Saias do mar forma parte do programa de coproducións do Centro Coreográfico Galego para a tempada 2025/2026, xunto con outras propostas de compañías galegas emerxentes.

Ademais da función do domingo 26, está prevista unha segunda representación o luns 27 dirixida a alumnado de centros educativos.

As entradas están dispoñibles a través da plataforma woutick.es.martes

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X