Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

13-08-2012

A paisaxe da Costa da Morte retratada por Xoán Carballo

Manuel Antelo e Xoán Carballo abrían o xoves a primeira exposición de fotografía que alberga a Sala de exposicións Antón Mouzo. Se ben o alcalde comezaba o acto de inauguración con louvanzas ao artista e ao seu traballo, polo que acadou numerosos premios, quixo lembrar o feito de que os artistas locais sexan os primeiros en ter a oportunidade de expoñer, facendo gala do lema da sala de exposicións Orgullosos do noso. Despois do alcalde, foi o fotógrafo de Pasarela, residente en Baíñas, quen deu paso á apertura da exposición logo dunhas breves palabras facendo incidencia en que "unha imaxe vale máis que mil palabras". O artista escolleu unha serie de fotografías da Costa da Morte que deixan ver a esencia da paisaxe do noso territorio: o interior e a costa, o mar e a terra e, como el mesmo titulou "Todo a man, preto de ti". Unha selección de fotografías que non defraudou aos presentes e ben seguro gustará a todas aquelas persoas que visiten a exposición que permanecerá aberta ata o 30 de setembro.  

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X