Concello de Vimianzo
12 de marzo de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

16-02-2026

Creatividade e participación no Entroido de Vimianzo, que entrega máis de 3.000 euros en premios

O Concello de Vimianzo fai unha valoración moi positiva do desenvolvemento do Entroido 2026 , que volveu converter a vila nun espazo de encontro, creatividade e tradición. O Concurso de Disfraces, un dos actos centrais da programación, contou cunha ampla participación en todas as categorías e repartiu máis de 3.000 euros en premios, recoñecendo o talento, o esforzo e a implicación das persoas participantes.

Máis de 3.000 € en premios
Establecéronse os seguintes premios por categorías:

- Comparsas de 20 ou máis integrantes: 1.000 € (1º premio), 500 € (2º premio), 200 € (3º premio).
- Grupos de 3 a 19 integrantes : 300 € (1º premio), 200 € (2º premio), 100 € (3º premio).
- Familias empadroadas en Vimianzo ( mínimo 6 integrantes e 3 xeracións) 200€ 
- Parellas: 100 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio).
- Infantís individuais: 60 € (1º premio), 40 € (2º premio), 20 € (3º premio).
- Adultos individuais: 100 € (1º premio), 75 € (2º premio), 50 € (3º premio).

Premiados do Concurso de Disfraces

1º individual infantil:
- CRISTOBAL COLÓN 60 € (1º premio),
- LA PRINCESA DE LOS CUENTOS 40 € (2º premio)
- CABALIÑO 20 € (3º premio).

2º individual adultos
- OPTIMUS PRIME 100 € (1º premio)
- CHAMÁN 75 € (2º premio)
- DINO RASTA 50 € (3º premio)

3º Parellas
- OS CHAPALATAS 100 € (1º premio)
-NIN RATA, NIN RATO, RATIÑA!! 75 € (2º premio)
- AS MEDUSAS 50 € (3º premio).

4º grupos
- A LUZ DO CAMIÑO – PONTEDISFRAZ 300 € (1º premio)
- CARANTOÑA NAS NUBES 200 € (2º premio)
- CABALIÑOS DO MONTE FARO 100 € (3º premio)

5º Familias de Vimianzo
- OS EXPLORADORES INTERXERACIONAIS VIMIANCESES 200€

6º comparsas
- MOLIN ROUGE 1889 – MUROS 1.000 € (1º premio)
- LATEXO GALEGO - ASOC. CULTURAL MOCATRIZ 500 € (2º premio)
-A FÁBRICA DA LUS- A.C.TRUBISQUIÑA 200 € (3º premio).

O xurado do concurso estivo formado polos medios de comunicación, aos que o Concello agradece a súa labor e valoración: Mar Barreiro (Voz de Galicia), Ángela Rodríguez (Radio Nordés) e José Manuel Ramos (Correo Gallego).

O Concello tamén quere agradecer especialmente a Marta Alonso e Pablo Reboleiro, presentadores que animaron o concurso e pecharon a noite ao ritmo do baile; a Javi Sampedro, encargado do son, que garantiu o desenvolvemento técnico do evento;e o persoal municipal, fundamental na organización e coordinación do Entroido 2026.

Convidámosvos a seguir gozando do Entroido no Concello d eVimianzo, coa próxima cita o sábado 21 de febreiro en Baiñas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
1
2
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X