Concello de Vimianzo
29 de xullo de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-08-2012

O alcalde agradece a colaboración de empresas e voluntariado que conseguiron que a carreira pedestre fose un éxito

Se a I Carreira pedestre do concello foi un éxito foi grazas ao gran traballo realizado polo técnico de deportes Víctor Santos e pola colaboración de máis de vinte voluntarios e voluntarias que non tiveron problema en pasar a mañá do domingo axudando desinteresadamente para que todo saíse perfecto na organización e posta en marcha da primeira carreira pedestre que se organiza no concello, un evento que, dado ao éxito acadado nesta edición, seguirá organizándose en anos sucesivos. Desde as 9 da mañá os máis de vinte voluntarios e voluntarias chegaban á praza do concello dispostos a colaborar co persoal municipal de cultura e deportes, coa policía local e co Grumir, para que o resultado da carreira fose un éxito. Manuel Antelo quere agradecer a colaboración de todas e cada unha destas persoas voluntarias e traballadoras municipais que fixeron posible que eventos deste tipo se poidan levar a cabo.
O alcalde quere agradecer do mesmo xeito aos patrocinadores deste evento: Begano Coca-Cola, Obra Social La Caixa, Grupo Ferroatlántica e Clínca Vimianzo Saúde. E a un total de vinte e oito empresas locais que colaboraron co evento deportivo: Academia @proba, Aluminios Capitán, Asesoría Luis Fernando, Auto Reparación Vidal, Cavisa, Celme café, Comercial Somares, Comercial agrícola Benedicto, Deportes Carril, Domínguez, Electra Gayoso, Ferretería Alvarellos, Ferretería central, Ferretería Tres Chaves, Ferretaría Vinka, Frutas Salgado, Gasoleos Vinmer, Gerca, Imprenta Breogán, Inprenta Publisoneira, Induplan, Librería Roget, Mobles Ciriaco González, Mavic, Materiales Pérez Rey, PanIgnacio, Vía rápida e Vimianzo Motor.      


Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
18
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X