Concello de Vimianzo
16 de febreiro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-01-2026

Vimianzo contará cunha sede da UNED para impartir de forma presencial cursos e actividades universitarias

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e a directora do Centro Asociado á UNED na Coruña, Ana Mónica Novo, asinaron hoxe un convenio de colaboración co Centro Asociado da UNED na Coruña que permitirá abrir outra sede da UNED para impartir de forma presencial no municipio actividades e cursos de Extensión Universitaria, cursos de verán, actividades de orientación académica e inserción laboral, así como programas UNED Sénior e CUID.

Deste xeito, Vimianzo converterase nunha das sedes oficiais para o desenvolvemento destas accións formativas, ampliando a oferta educativa e facilitando o acceso á formación superior a todas as persoas da comarca.

O Concello poñerá a disposición do centro espazos debidamente acondicionados, para así garantir o correcto desenvolvemento das distintas actividades programadas.

A alcaldesa de Vimianzo destacou a importancia deste convenio, definíndoo como “unha gran oportunidade para seguir mellorando o acceso á educación dos nosos veciños e veciñas. É un orgullo sumar a aula de Vimianzo á provincia, xa que abre moitas posibilidades para toda a comarca e permitirá aforrar moitos desprazamentos”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
22
23
24
25
26
27
28
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X