Concello de Vimianzo
16 de febreiro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-01-2026

Vimianzo facilitará a conciliación das familias cos obradoiros de Entroido

O Concello de Vimianzo presenta un obradoiro para favorecer a conciliación laboral e familiar durante o Entroido. A iniciativa, que inclúe un amplo programa de actividades lúdicas, está dirixida á rapazada de 3 a 12 anos e levarase a cabo os días 16, 17 e 18 de febreiro, de 10:00 a 14:00 horas, no pavillón municipal.

As persoas interesadas poden formalizar as súas inscricións ata o 12 de febreiro na Casa da Cultura. O programa ten un prezo de 15 euros.

Desde o Concello apuntan a importancia deste tipo de programas, “que facilitan a conciliación das familias os días non lectivos e permiten, ao mesmo tempo, que os nenos e nenas se divirtan e aprendan”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
22
23
24
25
26
27
28
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X