Concello de Vimianzo
16 de febreiro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-01-2026

O Concello presenta en Madrid a súa nova campaña de promoción turística “Vimianzo. Comeza a túa conquista”

O Concello presenta en Madrid a súa nova campaña de promoción turística “Vimianzo. Comeza a túa conquista”

O Concello de Vimianzo presenta en FITUR 2026 a súa nova campaña de promoción turística baixo o lema “Vimianzo. Comeza a túa conquista”, unha peza audiovisual que ten como obxectivo posicionar o municipio como punto estratéxico e enclave privilexiado desde o que descubrir a Costa da Morte. 

O vídeo, cunha duración aproximada de minuto e medio, e cun ánimo próximo e enérxico, ten por obxectivo fundamental transmitir a idea de Vimianzo como “campamento base” e corazón da Costa da Morte, desde onde o visitante pode acceder comodamente aos principais destinos da comarca: Fisterra, Camariñas, Laxe, Malpica, entre outros. 

A través dunha narración inspiradora, a campaña convida a “conquistar” a experiencia da Costa da Morte sen présas, sen masificacións e coa autenticidade que caracteriza o territorio. A mensaxe reforza a imaxe de Vimianzo como un lugar tranquilo, acolledor e perfectamente conectado, ideal para gozar da paisaxe, da cultura e da gastronomía da zona.  

Con esta iniciativa, Vimianzo preséntase non só como destino en si mesmo, senón como corazón loxístico e emocional da Costa da Morte, convidando ás persoas visitantes a comezar aquí a súa conquista do territorio.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, sinalou durante a súa intervención que “Vimianzo é un lugar para chegar, quedar e desde o cal comezar a descubrir todo o que pode ofrecernos a Costa da Morte. Queremos que quen nos visite sinta que este é o seu campamento base, un espazo acolledor desde o que conquistar a nosa comarca con tempo para gozar do que realmente importa.”

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
 
22
23
24
25
26
27
28
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X