Concello de Vimianzo
18 de xaneiro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

10-01-2026

O Concello ofrecerá 14 espectáculos culturais de xaneiro a maio na primeira programación do Auditorio neste 2026

O Concello ofrecerá 14 espectáculos culturais de xaneiro a maio na primeira programación do Auditorio neste 2026

O Concello de Vimianzo continúa apostando por unha programación cultural diversa, de primeira orde e accesible para todos os públicos. Así, xa está programada a axenda do Auditorio do primeiro semestre deste 2026 con música, danza, teatro e maxia, que protagonizarán as citas dun amplo abano de iniciativas financiado pola Rede Galega de Teatros e Auditorios da Xunta de Galicia, o Centro Dramático Galego e a Rede Cultural da Deputación da Coruña. 

Abrirá o exercicio Antonio Barros e iAlma co recital “Unha viaxe polas grandes voces da canción española”. Será o 18 de xaneiro e a venda de entradas, como de costume, será na Casa da cultura de luns a venres de 9:30 a 14:30 horas e unha hora antes de cada espectáculo. 

Debullamos o resto da programación aquí:  

  • ·      24 de xaneiro, a comedia cómica “Entre dos” protagonizada por  Teté Delgado e Julio Pereira.
  • ·      30 de xaneiro, o Centro dramático Galego achega a Vimianzo a estrea “Memorias dun neno labrego”.
  • ·      7 de febreiro, concerto da vimiancesa Gala Cernadas e Ernesto Alemán de violín e piano “Ecos do tempo”.
  • ·      2o de febreiro, estrea de Nortear da compañía Columna Balteira, residencia artística no Auditorio de Vimianzo. Nortear é unha peza escénica onde o espectral se confunde co real, o poliítico co onírico, o etnográfico co poético.
  • ·      7 de marzo, teatro do Noroeste achega a Vimianzo a súa última produción “Manual de patronaxe”.
  • ·      14 de marzo, Contraproducións   “Yo no quiero irme a Francia” a  recoñecida  actriz María Galiana.
  • ·      21 de marzo, Mago Teto.
  • ·      28 de marzo, o 8º  Festival folclórico Foliada do Río Grande que organizan os grupos de danza tradicional Airiños do Río Grande e  a Foliada de Salto en colaboración co Concello de Vimianzo.
  • ·      11 de abril, a compañía Trifásico teatro achega o espectáculo “Vento metal”, un cóctel perfecto de comedia, absurdo, intimidade, delicadeza e un toque de grotesco. No elenco a vimiancesa natural de Carantoña Jéssica Canosa.
  • ·      18 de abril, Os Naufragos Teatro achega a súa última produción Riazor Ostia que  é un poema escénico sobre o odio, a intolerancia e a resistencia. Cincuenta anos despois do asasinato de Pier Paolo Pasolini, a súa voz e o seu corpo seguen a interpelarnos, amosándonos feridas aínda abertas. 
  • ·      25 de abril, a compañía Malasombra con  “O asombro”. Cándido Pazó constrúe unha peza teatral que, en ton de sainete cómico protagonizado por unha galería de personaxes populares do Ourense de finais do XIX.
  • ·      2 de maio. Transeúnte é un espectáculo coproducido polo Centro Coreográfico Gallego. Neste brilla en directo o diálogo entre a música, o canto, a danza tradicional e a danza contemporánea.  

 

Condicións

Prezo espectáculos 5€ (entrada reducida 2,50€): ”Entre dous”, “Memorias dun neno labrego”,”Nortear”, “Tolóptica”, “Manual de Patronaxe, ”Yo sólo quiero irme a Francia”, “Galerock & Magic”, “Vento Metal”, “Riazor Ostia”, “O proceso” en www.woutick.es

Prezo concerto Antonio Barros e Ialma” 12 euros en www.woutick.es

Prezo concerto Gala Cernadas e Ernesto Alemán 3€ en www.woutick.es

Prezo espectáculo “Transeúnte” 8€ (entrada reducida 5 €) en www.woutick.es

Festival folclórico Foliada do Río Grande entrada libre.

Prezo reducido para maiores de 65 anos e estudantes sempre e cando acrediten esta condición mediante o DNI/ou carné de estudante

Venda anticipada en www.woutick.es ou na billeteira da Casa da Cultura de luns a venres de 9:00 a 14:00 h

Venda o día da función na billeteira dende 1 hora antes do inicio do espectáculo.

Non se poderá entrar na sala unha vez iniciado o espectáculo.

Espectáculos non recomendados para menores, excepto concerto Antonio Barros, Gala Cernadas e Festival Folclórico Foliada do Río Grande

 

 

Descargas

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
7
8
9
10
11
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X