Concello de Vimianzo
18 de xaneiro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

20-12-2025

Vimianzo acollerá o 11 de xaneiro a única proba de Dúatlon Cross de Galicia no 2026

O Concello de Vimianzo presentou esta mañá a 17ª edición do Dúatlon de Reis, que se celebrará o domingo 11 de xaneiro de 2026 na parroquia de Salto e será a única proba de dúatlon cros que se celebre en Galicia ao longo do ano.

No acto de presentación participaron Mónica Rodríguez, alcaldesa do Concello de Vimianzo; Sergio Miñones, concelleiro de Deportes; Víctor Santos, técnico municipal desta área; e Gustavo Álvarez, en representación da Federación Galega de Tríatlon.

Como xa é habitual, haberá dúas distancias: a SuperSprint, que sairá ás 9:30 horas, e a Estándar, cuxa saída será ás 11:30 horas. Na primeira inclúense o Campionato Galego en distancia Supersprint para as categorías cadete, xuvenil e junior e a proba popular; na segunda o Campionato Galego en distancia estándar e a proba de relevos.

O percorrido será o mesmo que nos últimos anos, mantendo un trazado xa coñecido para aqueles que ano tras ano repiten na competición. A organización ofrecerá servizo de gardarroupas, lavado de bicicletas e duchas, así como o tradicional chocolate e roscón de Reis ao remate da xornada.

Durante a presentación, o concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, salientou a relevancia desta cita no calendario galego, cualificándoa como unha proba “ineludible para os centos de corredores e corredoras que cada ano se achegan ata Vimianzo para comezalo cunha proba deportiva de primeiro nivel”.

As inscricións xa están abertas e poden formalizarse a través da páxina web da Federación Galega de Tríatlon.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- xaneiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
7
8
9
10
11
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X