Concello de Vimianzo
19 de agosto de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-12-2025

O Castelo acolle unha exposición de olería realizada por Alfarería Lista

O Castelo de Vimianzo acollerá unha exposición de Olería Lista na que o público poderá descubrir múltiples pezas que reivindican que a olería non é só unha expresión artística, senón unha parte do noso patrimonio, cultura e das prácticas rituais.

A mostra inclúe unha coidada selección de pezas creadas con cerámica artesanal elaborada en Buño que transforman a tradición en deseño contemporáneo. No taller combínanse mans expertas no torno, novas ferramentas dixitais e moita paixón que dan como resultado pezas únicas.

A inauguración será este xoves, 4 de decembro, ás 10:30 horas. A entrada é libre ata completar o aforo.

Desde o Concello “animamos a todas as persoas amantes da cultura e tradición a achegarse e mergullarse de cheo nunha arte que, sen dúbida, é parte esencial da Costa da Morte”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- agosto +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
30
31
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X