Concello de Vimianzo
5 de decembro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-11-2025

Vimianzo aproba uns orzamentos "responsables, realistas e profundamente sociais" para o 2026

O Concello de Vimianzo aprobou no pleno ordinario celebrado hoxe, 26 de novembro, os orzamentos para 2026. Un plan económico de 8.614.900 euros que foi aprobado cos votos a favor do PSdeG- PSOE e a abstención do PP e o BNG.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, definiu o plan como “responsable, realista e profundamente social, pensado para dar resposta ás necesidades dun concello moi extenso, disperso e rural”. A rexedora asegurou que “a ruta a seguir é clara: as persoas e o rural como prioridade e a estabilidade económica como principio básico
de xestión”.

A primeira edil agradeceu “o inmenso e incansable traballo de todos os traballadores e traballadoras municipais que fixeron posibles estes orzamentos. Uns orzamentos pensados para os veciños e veciñas, que manteñen o Concello sen débedas e coas taxas conxeladas”.

Un orzamento social

A partida máis relevante é a Asistencia Social Primaria, que ascende a 2.183.007 euros, o que representa o 25,3 % do orzamento. Os cálculos están pensados para
facer fronte ao Servizo de Axuda no Fogar, políticas de igualdade, programas de conciliación, axudas á natalidade, á emerxencia social, aos apoios ás familias con
menos recursos, etc.

Unha liña ideada por e para as persoas, “trátase de programas que non é competencia dos concellos, pero que son necesarios e para nós imprescindibles e
prioritarios”, manifestou a alcaldesa, “é unha liña que reforzamos moito nos últimos anos, duplicando os investimentos realizados”.

Aposta polo rural

Máis do 30 % do orzamento destínase a servizos públicos básicos fundamentais para garantir a calidade de vida nas 14 parroquias do municipio. O obxectivo é
“coidar o territorio e garantir servizos de calidade en todos os lugares”.

Nesta liña, para obras e mantemento de infraestruturas viarias resérvase unha partida de 804.870 euros (9,3 %); para a pavimentación de vías públicas e
mantemento de camiños unha de 300.965 euros (3,5 %); para o alumeado público destínanse 374.853 euros (4,35 %); para a xestión e tratamento de residuos a cantidade ascende a 764.500 euros (8,9 %); para o abastecemento domiciliario da auga resérvanse 151.520 euros (1,7 %); para a rede de sumidoiros 65.000 euros; inclúense tamén as partidas para limpeza viaria, parques e xardíns, para a que se consignan máis 150.000 euros.

Fomento do emprego

Nos orzamentos inclúese unha partida de 240.000 euros para fomentar o emprego e xerar, así, máis oportunidades laborais. Contémplase o mantemento da patrulla durante nove meses para os traballos de limpeza e mantemento e tamén o reforzo da patrulla verde, que se dedica á limpeza de ríos (nos tramos urbanos) e contornas naturais.

Cultura, deporte e educación

A cultura, o deporte e a educación son outro dos piares da actuación. O obxectivo é manter un concello vivo, dinámico e con oportunidades para todas as xeracións.
Nesta liña inclúense, entre outras accións, 249.235 euros para a promoción cultural e 229.522 para equipamentos culturais e museos; 186.500 euros para festexos e tradicións locais; 367.789 euros para deporte e instalacións deportivas; 146.999 euros para a biblioteca, servizos educativos e apoio escolar; 3.000 para axudas ao comercio e hostalaría; 10.000 para celebrar en Vimianzo o Campionato Nacional de Trial por primeira vez na historia; e 15.000 para levar a cabo un convenio coa UNED.

“É un orzamento que reforza a identidade de Vimianzo. Un orzamento social porque destina máis dun cuarto do total a servizos para as persoas. Un orzamento rural porque inviste máis do 30 % en infraestruturas, limpeza, camiños, augas e servizos básicos. Un orzamento equilibrado, que non ten débeda e que garante estabilidade. E, sobre todo, é un orzamento realista, feito coa consciencia de que temos ingresos limitados, pero cunha clara prioridade: seguir sendo unha referencia en servizos, conciliación e atención ás persoas. Unha aposta polo que somos e o que queremos seguir sendo”, concluíu Rodríguez, que asegurou que a intención “é seguir traballando. Sabemos que aínda queda moito por facer, pero a nosa intención é seguir esforzándonos para mellorar Vimianzo, parroquia a parroquia e familia a familia”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X