Concello de Vimianzo
25 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

01-08-2012

Adxudicadas catro obras por máis de 200.000 euros

A creación de parques infantís en terreos da escola unitaria de Treos e en Piñeiros e a creación dun depósito en Torelo, a mellora do firme e reforzo do pavimento en pistas en Cambeda, Moreira, Sanfíns, Tines, Mouzo e Cures, a reposición da cuberta e consolidación de muros portantes na antiga escola de Padreiro e a rede de saneamento en Tras do Ceán (Bamiro) foron as obras que se sacaron a licitación baixo o procedemento de negociado sen publicidade invitando a participar a dezaseis empresas, todas elas do concello de Vimianzo. As empresas adxudicatarias das obras foron seleccionadas á baixa, escollendo entre elas a oferta máis vantaxosa. Deste xeito para a primeira das obras, a creación de parques infantís,  convidáronse a participar as seguintes empresas:  Construcciones Hermida, Construcciónes Lavandeira, Construcciones J.Carballo e Construcciones Diego Oreiro; a obra foi adxudicada á Jesús Hermida, que presentou unha oferta por un importe de 33.630 euros (ive incluído). Para as obras na escola de Padreiro invitouse a participar a Construcciones García Pouso, Construcciones JM Amigo, Construcciones Touriñán, Construcciones Santi e Construcciones José Oreiro e foron adxudicadas a José Mª Amigo por un importe de 29.000 euros, ive incluído. Constantino Pazos resultou ser a empresa adxudicataria das obras de mellora do firme e reforzo do pavimento en Cambeda, Moreira, Sanfíns, Tines, Mouzo e Cures por un importe de 58.306,91 euros, ive incluido, obra para a que foron convidados a participar ademais da adxudicataria, Construcciones Cernadas, Construcciones Moncho Andrade e Construcciones Hermanos Pereira Tajes. Para a última das obras, a rede de saneamento en Tras do Ceán (Bamiro), foron invitadas Constantino Pazos, Construcciones Moncho Andrade, Construcciones Cundíns Novoa e Construcciones Lavandeira Suárez; a adxudicataria resultou ser Construcciones Moncho Andrade que presentou unha oferta por un importe de 100.540,72 euros, ive incluído.
Falta aínda outro paquete de obras que se sacarán a licitación co mesmo procedemento que as anteriores, convidando a participar outras empresas de Vimianzo diferentes das que participaron neste proceso de adxudicación, co obxectivo de que se reparta o traballo entre todas as empresas locais, permitindo que se empecen a contratar empresas que nunca traballaron para o concello. 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X