Concello de Vimianzo
5 de decembro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-11-2025

Concluídas as obras de pavimentación interior na Esquipa, en Cereixo

O Concello de Vimianzo rematou recentemente o proxecto de pavimentación interior no lugar da Esquipa, na parroquia de Cereixo. A actuación, que supuxo un investimento de 188.183 euros, foi unha importante mellora para a veciñanza, incrementando a seguridade para o tráfico rodado.

Os traballos consistiron na pavimentación en formigón semipulido das vías interiores do núcleo, así como a instalación dunha nova rede de sumidoiros dotada dun sistema de recollida de augas pluviais co obxectivo de optimizar a evacuación da auga e evitar acumulacións os días de choiva.

Ademais, na zona da beirarrúa da estrada DP-9202 procedeuse á reparación da mesma. Incluíuse tamén unha rede separada de augas pluviais e fecais coa que se substitúe a rede única existente ata o momento.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, resaltou que “sumamos unha nova intervención que reafirma o noso compromiso coa modernización das infraestruturas básicas nos diferentes lugares do noso municipio, garantindo condicións axeitadas de mobilidade en todo o territorio”.

 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X