Concello de Vimianzo
5 de decembro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-11-2025

Vimianzo acolle a terceira edición do Foro Atlántico Empresarial impulsado por SEA

A Casa da Cultura de Vimianzo foi o escenario esta tarde da terceira edición do Foro Atlántico Empresarial, unha iniciativa promovida por Suelo Empresarial del Atlántico (SEA) en colaboración co Concello de Vimianzo. O obxectivo deste encontro é analizar e compartir experiencias sobre a situación actual dos parques empresariais, as súas vantaxes, os requisitos, as oportunidades e as axudas dispoñibles para empresas e emprendedores.

O foro reuniu a representantes institucionais, técnicos e empresarios nun espazo de diálogo e cooperación arredor do desenvolvemento económico e territorial.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, foi a encargada de abrir o acto. Na súa intervención agradeceu a presenza de todos os asistentes e, moi especialmente, «de todas as persoas que fan posible a realización deste foro. Detrás del hai moito traballo e estamos encantados de que Vimianzo fora escollido de novo para a súa celebración». A rexedora definiu o encontro como «unha oportunidade única» para coñecer «as posibilidades, as vantaxes ou as axudas dispoñibles para asentarse nos polígonos».

Pola súa banda, Rosana García, deputada de Industria e Emprego da Deputación da Coruña, incidiu en que este foro «nos convoca arredor dun obxectivo común: seguir impulsando o desenvolvemento sostible e equilibrado da nosa provincia, promovendo o diálogo e a cooperación entre institucións, empresas e sociedade civil». Quixo facer fincapé no papel da Deputación da Coruña, «desde onde traballamos cada día para que o noso territorio sexa sinónimo de igualdade de oportunidades, cohesión social e prosperidade compartida».

Beatriz Sestayo, xerente de Suelo Empresarial del Atlántico, mostrou o seu agradecemento a «todas as persoas que participan no Foro de SEA, favorecendo un espazo de información, diálogo, construción do mundo da empresa, o emprendemento e a creación de emprego». Ademais, quixo destacar o papel da alcaldesa, Mónica Rodríguez, e do concello de Vimianzo «pola súa colaboración constante ao longo de todos estes anos». Sestayo incidiu durante o seu relatorio «na importancia das políticas de promoción de riqueza e emprego como un soporte fundamental para fixar poboación en lugares como Vimianzo».

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, puxo en valor “o compromiso firme do Goberno de España co impulso da economía galega e o apoio real ás pequenas e medianas empresas, que son o motor do noso tecido produtivo” e salientou que máis de 60.000 beneficiarios e beneficiarias en Galicia xa recibiron fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia, cun investimento total de 4.124 millóns de euros. “O 42% deses beneficiarios son pemes, o que reflicte unha distribución equitativa e próxima dos recursos públicos”, destacou xusto antes de incidir na importancia de que “todas as entidades, desde empresas ata concellos ou fundacións, teñan acceso a estas axudas, contribuíndo a un reparto equilibrado e diversificado dos fondos europeos”.

Tras as intervencións inaugurais, deu comezo a primeira mesa de diálogo baixo o título: «Os parques empresariais como infraestruturas especiliazadas», na que dous avogados de SEA, Antonio Quintela e José Rey Hermida expuxeron a evolución do proceso de implantación dos parques empresariais, os beneficios para as empresas, as licenzas, a seguridade xurídica e os requisitos necesarios para a instalación das empresas.

A segunda mesa, titulada «Administración pública e desenvolvemento económico: Incentivos e programas de axuda», versou sobre axudas e subvencións para empresas e emprendedores. Participaron Belén Fernández Rebolleda, responsable de Oficinas na Zona Norte do Igape; José Carlos Díaz, técnico de proxectos do Programa de Emprego Local da Deputación da Coruña; Guillermo González Díez, xerente do GALP Costa da Morte; e José Antonio Vila García, xerente do GDR Costa da Morte.

No terceiro bloque temático participaron Miguel Ángel García Rey, director de zona de Abanca; Miguel Salvado Corral, director de Especialistas en Financiación Multiproducto en Galicia do Banco Sabadell; e Enrique A. González Iglesias, socio de Mercantil e Mercado de Capitais en EJASO. Abordaron distintas fórmulas e ferramentas de financiamento para empresas, e disertaron sobre o papel das entidades financeiras no impulso do investimento e do crecemento do tecido produtivo galego.

A continuación, tivo lugar unha mesa de experiencias empresariais na que Mélani Lois Barcia, responsable de Comunicación de Gerca Acero y Metal; Iván Pardiñas Blanco, administrador de Gambaru Power; e Valentín García Rodríguez, director xerente de Norgalicia Formigón, expuxeron a súa traxectoria profesional e o desenvolvemento dos seus proxectos dentro do parque empresarial de Vimianzo, destacando as vantaxes de operar nun entorno empresarial común.

O relatorio de clausura recaeu sobre Belén Trigo, doutora en Dereiro Civil e PPL da Universidade de Santiago de Compostela, que falou sobre os desafíos e oportunidades do inverno demográfico, a despoboación, a nova economía dos servizos e a chamada economía da lonxevidade.

Tras a clausura, en mans da alcaldesa e da xerente de SEA, os asistentes participaron nunha degustación de produtos locais.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- decembro +
L
M
M
X
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X