Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
A asociación As Nemanquiñas de Vimianzo organiza a XVIII Xuntanza de Palilleiras no pavillón de Vimianzo o sábado, 8 de novembro de 2025. O obxectivo da xuntanza é unir os intereses de todas coa finalidade de promover a nosa artesanía e o encaixe. Nesta xuntanza ó mesmo tempo que se exhiben os nosos traballos tamén intercambiaremos experiencias e ideas as /os participantes.
A inauguración será ás 12:00 horas no pavillón, que estará aberto dende as 10:00 horas para todo o público que queira visitar o recinto. A comida de confraternidade será ás 13:30 horas.
Participarán máis de 600 palilleiras de toda a xeografía galega, incluíndo participantes de Oleiros, Arteixo, Caldas de Reis, Sarria, A Coruña, Ponteareas, Vigo, Baixo Miño, Tui, Mos, Noia, Padrón, Cambados, Porto Novo, Monforte, O Porriño, Betanzos, Cedeira, Coles, Ourense, Boiro, Vilanova de Arousa, Boiro, Valga, O Grove, Cesuras, Coirós, Esteiro, Urdilde, Cesuras, Cambre, Coirós, Esteiro, Noia, Burela, Xove, Cervo, Viveiro, A Guardia, O Rosal, Meaño, Fene, Narón, Neda, Ferrol, Camariñas e Vimianzo.