Concello de Vimianzo
11 de novembro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-11-2025

O Concello convoca a primeira edición do concurso de fotografía ‘Luz na Soidade’

O Concello de Vimianzo, a través da concellería de Benestar Social, Igualdade, Ensino e Mocidade, convoca a primeira edición do concurso de fotografía ‘Luz na Soidade’, unha iniciativa enmarcada no proxecto municipal ‘Conectando Corazóns’.

O certame, financiado coa colaboración de Xeal, nace coa finalidade de sensibilizar e visibilizar a problemática da soidade non desexada e o illamento social, convidando á cidadanía a expresar, a través da súa ollada creativa, a importancia das redes de apoio comunitario e dos vínculos humanos.

A participación é gratuíta e está aberta a todas as persoas maiores de 16 anos que o desexen. As fotografías deberán abordar, de maneira artística, simbólica ou documental, a temática da soidade non desexada e/ou o valor das relacións sociais que contribúen ao benestar emocional. Cada participante poderá presentar unha fotografía que debe ser propia e inédita e non ter sido seleccionada nin premiada en ningún outro certame.

O soporte será obrigatoriamente dixital, cunha resolución mínima de 3000 x 2000 píxeles, e os formatos admitidos serán JPG e PNG. Cada imaxe deberá levar como nome de arquivo o título da obra, e no caso das fotografías retocadas deberanse anexar tamén os arquivos orixinais.

As obras presentaranse de maneira telemática, enviando un correo electrónico a luznasoidade@vimianzo.gal coas imaxes anexadas e o título correspondente. No corpo do correo deberanse indicar os datos das persoas participantes: nome e apelidos, DNI, data de nacemento, enderezo e teléfono de contacto. O prazo de presentación permanecerá aberto ata o día 30 de novembro ás 23:59 horas.

Os premios

O concurso contará con catro grandes galardóns: un primeiro premio dotado con 400 euros, un segundo de 200 euros, un terceiro de 100 euros e un premio do público doutros 400 euros. En caso de empate neste último, o importe repartirase entre as persoas gañadoras. O acto de entrega terá lugar o venres 19 de decembro ás 20:00 horas.

O premio do público corresponderá coa foto con máis reaccións positivas das publicadas na páxina oficial de Facebook do Concello de Vimianzo. Será o departamento de Servizos Sociais quen se encargará de facer unha selección das 20 fotografías finalistas.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
30

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X