17-07-2012
56 nenos e nenas participan no Campamento Vimiverán
Onte comezaba o campamento urbano Vimiverán cunha participación de 56 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos con ganas divertirse e gozar dunha semana de actividades con amigos. Durante toda esta semana e ata o martes 24 de xullo, os nenos e nenas participarán en diferentes actividades programadas polos seus monitores e monitoras: piscina, xogos en pista, manualidades, tiro con arco, piragüismo, excursións, etc. As actividades desenvolveranse en horario de mañá, entre as 10 e as 14 horas, agás o xoves 19 que a xornada se prolongará durante todo o día e toda a noite, xa que os participantes pasarán a noite no pavillón polideportivo. O Campamento clausurarase o martes 24 de xullo cun guateque que os monitores ambientarán nos anos 60. Unha semana para divertírense en Vimianzo que deixará paso ao seu remate a novas amizades entre os nenos e nenas das diferentes parroquias. Os participantes chegaban onte á sala de sesións do Concello onde os recibiu o alcalde para darlles a benvida ao campamento e pedirlles que fagan caso en todo momento aos monitores.
Unha vez rematado este campamento dará comezo o Pequecampamento Vimiverán para nenos e nenas de 3 a 5 anos a partir do 30 de xullo. Mais as actividades e as excursións continuarán durante o mes de agosto para nenos e nenas de todas as idades par que os máis pequenos se divirtan durante o verán.