Concello de Vimianzo
14 de xuño de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

26-09-2025

‘Na Cerna do Son’, unha viaxe multiARTErial que parte do Auditorio de Vimianzo

O Auditorio de Vimianzo converterase mañá, sábado 27 de setembro, nun espazo de encontro entre a tradición, a emoción e a diversidade artística coa estrea do espectáculo ‘Na cerna do son’, no que se fusiona danza, música e poesía baixo o fío condutor da tradición galega e a emigración.

O espectáculo foi presentado, hoxe, pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Turismo, Beatriz Pazos, e o elenco, composto polo bailarín Ricardo Fernández, o narrador Luís Iglesia, a voz Paty Lesta, o caixón Carlos Barral, o director musical e piano Cristian Leggiero e o director artístico Iván Villar, que fixeron a residencia artística no Auditorio e unen o seu talento para dar vida a unha proposta singular e innovadora.

Durante a presentación os artistas explicaron que a palabra cerna en galego designa a parte máis interior da madeira e tamén o corazón das cousas, e é precisamente ese núcleo vital o que o espectáculo busca transmitir.

A través da danza, da poesía e da música en directo do caixón flamenco, do piano de cola e da voz, o público vivirá unha viaxe multiARTErial que comeza en Galicia, percorre Latinoamérica e regresa de novo á terra, rendendo homenaxe ás persoas que tiveron que emigrar na procura dunha vida mellor. As cancións que conforman a proposta foron adaptadas expresamente para este proxecto, ofrecendo unha nova mirada sobre a música tradicional galega. Nel conviven elementos do jazz, do latin, do funky ou da balada, ao tempo que se recuperan cantos de traballo, alalás, xotas, cancións tradicionais sen autoría recoñecida, pezas que falan da emigración e tamén composicións latinoamericanas como tangos, boleros ou salsa.

A actuación terá lugar mañá, 27 de setembro, ás 20:30 horas, no Auditorio, dentro da programación cultural de outono. As entradas teñen un prezo xeral de 5 euros e reducido de 2,50 euros e poden adquirirse de maneira anticipada a través da plataforma Woutick.es ou no despacho de billetes da Casa da Cultura.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, subliñou a aposta do Concello “por apoiar proxectos culturais que poñen en valor a nosa cultura e que conectan coa identidade galega” e animou ao público “a achegarse a gozar desta peza única que, de seguro, vai gustar moito”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X