Concello de Vimianzo
8 de setembro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Formación

Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello

Convocatorias

Emprego

Público

Nestes momentos non hai ofertas públicas

Privado

Nestes momentos non hai ofertas privadas

Novas

08-09-2025

O Concello inviste 179.621 euros en actividades deportivas e culturais para a veciñanza

Recentemente abriuse o proceso de licitación para a prestación do servizo das escolas deportivas, que conta cun orzamento base de 93.937 euros

O Concello inviste 179.621 euros en actividades deportivas e culturais para a veciñanza

O Concello de Vimianzo abriu o proceso de licitación para a prestación do servizo das diferentes actividades e escolas deportivas que se desenvolverán en distintos puntos do municipio, así como da actividade cultural da escola de teatro que terá lugar no Auditorio.

O contrato das escolas deportivas conta cun orzamento base de 93.937,33 euros e a duración será dun ano, a contar desde o día seguinte á formalización, con posibilidade de tres prórrogas máis. As empresas poderán presentar as súas solicitudes ata o vindeiro 15 de setembro.

As escolas buscan crear espazos para o desenvolvemento educativo, psicomotor, cognitivo, afectivo e social da veciñanza, ao tempo que se facilita a conciliación da vida laboral e persoal das familias, todo dende unha perspectiva transversal e con enfoque de xénero.

No ámbito deportivo, as actividades previstas inclúen fútbol sala, patinaxe artística, tenis de mesa, tiro con arco, taekwondo, atletismo, pequemotricidade, multideporte, aerobic e actividades físicas para maiores. A través delas, preténdese fomentar a práctica deportiva como un medio para mellorar a saúde e a calidade de vida.

En total, as actividades deportivas suporán 1.961 horas anuais de exercicio e aprendizaxe.
A empresa adxudicataria asumirá tarefas como a docencia e coordinación das actividades, coordinación e supervisión, seguimento individual e grupal dos participantes, etc.

Escola cultural de teatro

En paralelo, o Concello tamén sacou a licitación o servizo da escola cultural de teatro, que forma parte da programación cultural municipal e ten como finalidade ofrecer un espazo educativo e de lecer para as persoas participantes.

O orzamento base de licitación ascende a contía máxima de 22.887,98€ e o contrato terá unha duración inicial de dous anos, con posibilidade de tres prórrogas dun ano cada unha.

As actividades desenvolveranse no Auditorio de Vimianzo entre os meses de outubro e maio, en grupos infantís (a partir de 5 anos) e para persoas adultas, cun total estimado de 360 horas de formación.

Investimento municipal en actividades culturais

Ademais da escola de teatro, o Concello mantén outras iniciativas culturais xa adxudicadas: por un lado as escolas de arte e panillo, cun custe de 22.869 euros, e as escolas culturais, nas que se inclúen as clases de música contemporánea e tradicional, baile e competencias dixitais, que supoñen un investimento anual de 39.928 euros.

Deste xeito, o investimento municipal en actividades culturais ascende a 85.684 euros, que sumados aos 93.937 euros das escolas deportivas supoñen un total de 179.621 euros destinados a servizos de formación para a veciñanza, sumando máis de 1000 prazas entre todas as actividades ofertadas.

As taxas de participación son de 5 euros ao mes por unha hora semanal e 10 euros ao mes por dúas horas semanais. Realizarase un desconto do 25% ás persoas xubiladas (65 anos ou máis); ao pack familiar (para máis de dúas actividades por unidade familiar); para aquelas persoas que estean inscritas en máis de dúas actividades e ás familias numerosas, para o que se deberá presentar o título oficial. Os descontos non son acumulables.

Os pagos poderanse facer nun ingreso único antes do inicio da actividade ou por domiciliación bancaria, pagando de maneira mensual a actividade. Está previsto que as actividades dean comezo o 6 de outubro e que as preinscricións poidan realizarse a partir do 12 de setembro.

Desde o Concello resaltan o “compromiso total coa formación deportiva e cultural no noso municipio, como mostra a ampla oferta coa que contamos ano tras ano”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- setembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X