Concello de Vimianzo
16 de outubro de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Formación

ver todos

Convocatorias

Emprego

Público

Nestes momentos non hai ofertas públicas

Privado

ver todos

Novas

04-09-2025

O Concello saca a licitación o servizo de xestión integral do ximnasio municipal e do campo de fútbol

O Concello de Vimianzo vén de sacar a licitación para a contratación do servizo integral de xestión do ximnasio municipal e do servizo de apertura, vixilancia e limpeza do campo de fútbol. O orzamento base do contrato ascende á contía máxima de 134.066,75 euros e o prazo de presentación de ofertas permanecerá aberto ata o vindeiro 15 de setembro.

A duración do contrato será dunha anualidade a contar dende o día seguinte á súa firma coa posibilidade dunha prórroga de tres anos, sendo o prazo máximo de catro anos.

O obxecto do contrato inclúe, por unha banda, a xestión completa do ximnasio municipal, que supón a supervisión, adestramento e asesoramento deportivo das persoas usuarias, a elaboración de plans deportivos, así como a realización dun curso de actividade física dirixida a persoas con enfermidades crónicas. Ademais, a empresa adxudicataria deberá ofertar, programar e realizar actividades dirixidas na sala fitness, incluíndo, como mínimo, pilates e ioga.

O servizo incluirá, do mesmo xeito, a promoción e difusión das actividades do ximnasio a través das redes sociais, o fomento de hábitos saudables, a atención ao público, o control de accesos, a recadación de entradas de usuarios non socios e as tarefas administrativas en coordinación co Concello. Así mesmo, a empresa deberá encargarse da conservación e mantemento das instalacións, maquinaria e equipos, así como a apertura, peche, vixilancia e limpeza xeral do ximnasio.

Campo de fútbol

En canto ao campo de fútbol municipal, a empresa deberá realizar as tarefas de apertura, peche e vixilancia das instalacións para adestramentos e partidos, tanto en horario de semana como en fins de semana, así como para outros eventos que se poidan realizar,

Inclúese a xestión da limpeza dos vestiarios, accesos, aseos, papeleiras, gradas, cantina e perímetro exterior do terreo de xogo, así como o acendido e apagado da iluminación.

O concelleiro de Deportes, Sergio Miñones, asegurou que “esta licitación busca garantir un servizo deportivo de calidade, que fomente a práctica do deporte entre os nosos veciños e veciñas, á vez que se asegura que contan cunhas instalacións municipais en óptimas condicións”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- outubro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
26
27
28
29
30
31
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X