Concello de Vimianzo
14 de xuño de 2026
O corazón da Terra de Soneira

Novas

28-07-2025

XEAL e o Concello de Vimianzo alíanse para loitar contra a soidade non desexada

A CEO de Xeal, María Couto, e a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, firmaron hoxe un convenio de colaboración que permitirá poñer en marcha o programa “Conectando Corazóns”

XEAL e o Concello de Vimianzo alíanse para loitar contra a soidade non desexada

XEAL e o Concello de Vimianzo asinaron hoxe un convenio de colaboración para poñer en marcha o programa “Conectando Corazóns”, unha iniciativa social destinada a combater a soidade non desexada e o illamento social no municipio. O acordo foi rubricado no salón de plenos vimiancés pola alcaldesa, Mónica Rodríguez, e a CEO de Xeal, María Couto.

“Conectando Corazóns” busca promover a atención inmediata, o acompañamento social e o desenvolvemento de actividades comunitarias dirixidas a persoas que se atopen en situación de soidade, especialmente en zonas rurais e con poboación envellecida.

A CEO de XEAL, María Couto, destacou que “esta colaboración enmárcase na nosa política de responsabilidade social corporativa e criterios ASG (ambientais, sociais e de gobernanza), en liña co noso compromiso firme coa comarca e coas institucións que traballan por mellorar a calidade de vida dos seus habitantes”. O acordo reforza así o compromiso da compañía coa súa contorna e cos colectivos máis vulnerables.

Para a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, este convenio “é unha mostra de como a colaboración público-privada pode dar resposta a retos sociais reais. A loita contra a soidade é unha prioridade para este goberno local, e con esta iniciativa damos un paso adiante na construción dunha sociedade máis xusta, próxima e humana”. A rexedora engadiu o agradecemento “a todo o departamento de Servizos Sociais municipais, polo seu gran traballo para acadar un convenio que é froito da vontade, vocación e corazón”.

Este programa representa unha oportunidade real para atender unha necesidade crecente na sociedade actual: a de combater o illamento social. “Conectando Corazóns” suporá un impulso significativo na promoción do benestar emocional de persoas maiores e colectivos vulnerables, facilitando unha detección rápida de situacións de vulnerabilidade ou deterioración da saúde, permitindo activar recursos sociais ou sanitarios antes de que se agraven. É unha ferramenta clave para a intervención preventiva e a coordinación entre servizos sociais e sanitarios.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2026 +
- xuño +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X