Concello de Vimianzo
17 de xullo de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-07-2025

A nova escavación no castro das Barreiras confirma a existencia dunha nova cabana, a oitava

O castro das Barreiras continúa ofrecendo sorpresas arqueolóxicas campaña tras campaña. Na última escavación, desenvolvida ao longo das últimas semanas, realizouse unha nova ampliación da zona visitable co obxectivo de facilitar a comprensión do xacemento por parte das persoas visitantes.

A alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez, e a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, participaron esta mañá nunha visita guiada da man do responsable dos traballos, Tito Concheiro, que explicou en detalle os últimos achados realizados.

“Durante os traballos centrámonos nunha cabana de grandes dimensións que xa fora parcialmente escavada en campañas anteriores”, explicou Concheiro, “e nesta ocasión puidemos documentar unha estrutura anexa, con restos de madeira, que podería corresponder a un soportal ou unha área de traballo”. A súa función aínda está por determinar, pero a súa presenza amplía novamente as prácticas da vida cotiá no castro.

Como vén sendo habitual, o último día da escavación apareceu o muro dunha nova cabana, un achado que confirma a existencia dunha nova construción dentro do castro, que sería a oitava. “Con este descubrimento sumamos unha estrutura máis a un conxunto xa de por si excepcional pola súa densidade e complexidade construtiva”, destacou Concheiro.

Xunto aos achados estruturais, tamén se recuperaron numerosos materiais de interese: cerámica decorada, útiles de ferro, fragmentos de muíños de man... elementos que reforzan a idea dunha comunidade na que a agricultura tiña un papel fundamental na vida diaria.

Concheiro puxo en valor a importancia do castro “un dos máis ateigados de construcións de todo o noroeste peninsular, un lugar único que cada ano nos conta algo novo”.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, salientou a importancia “de seguir descubrindo novos elementos que demostran a excepcionalidade do castro das Barreiras, que está a consolidarse como unha para indiscutible para todas as persoas que se achegan a Vimianzo”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X