Concello de Vimianzo
17 de xullo de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

27-06-2025

O Vimiansol volverá encher a praza do Concello e o Castelo de música, teatro e circo nos meses de verán

O Concello de Vimianzo presentou na mañá de hoxe, 27 de xuño, a programación cultural Vimiansol 2025, que inclúe propostas musicais, teatrais e de circo para todos os públicos.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a técnica municipal desta área, Nieves Lema, foron as encargadas de dar a coñecer o conxunto de actividades que ao longo dos meses de xullo e agosto encherán a praza do Concello e o Castelo de múltiples actividades.

O programa, organizado polo Concello de Vimianzo coa colaboración da Deputación da Coruña, consolídase como unha cita imprescindible para desfrutar da cultura ao aire libre durante o verán. Todas as actuacións darán comezo ás 21:00 horas e serán de acceso libre e de balde.

A primeira será o sábado 12 de xullo na praza do Concello co espectáculo de equilibrios ‘Circo Cambuche’, de Henriko. Unha proposta que promete facer rir a grandes e pequenos a través das acrobacias e malabares do grupo.

O venres 18 de xullo será quenda da música, xa que o Castelo acollerá o concerto do cantautor galego Emilio Rúa, que traerá o seu repertorio íntimo, cheo de poesía e raíces, para celebrar os seus 25 anos enriba dos escenarios.

O sábado 26 de xullo as propostas volven á praza do Concello, onde a compañía Artefeito presentará o seu divertido espectáculo de malabares, clown e técnicas circenses ‘Circando’.

Agosto comezará da mellor maneira posible: cheo de música no Castelo. O día 1 será da man do Grupo Eburnie, que volve a Vimianzo para amenizar a noite do venres cos seus ritmos. Formado por músicos da Costa de Marfil, o conxunto está vinculado á ONG Égueire, o ano pasado conseguiron emocionar ao público coa súa música. O día 2 será a quenda de Rocío Caamaño, cun concerto no que mesturará a tradición galega con sons actuais, pop e moita emoción.

O día 16 de agosto as artes escénicas volven á praza do Concello co espectáculo ‘O Minotauro’, do artista Nacho Flores, que combina equilibrios imposibles cunha historia de transformación e mito.

A compañía La Finestra Nou Circ chega desde Valencia ata Vimianzo o día 23 de agosto para presentar o seu espectáculo ‘Tranvía nº12’, con imaxinación, movemento e poesía escénica entre cinco personaxes que agardan na parada do tranvía.

Kote Malabar será o encargado de pechar a programación deste ano co seu espectáculo ‘Cirkote’, con malabares, clown e diversión como peche de festa. Será o 30 de agosto na praza do Concello.

A edil de Cultura, Rosa Blanco, puxo en valor “a decidida aposta polo promoción da cultura” e o gran orgullo “de contar, un ano máis, cun programa cultural de altísimo nivel que nos permitirá achegar á nosa veciñanza propostas artísticas únicas”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X