Concello de Vimianzo
17 de xullo de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

24-06-2025

Abertas as inscricións para a terceira edición da Tarde-Noite Meiga

A rapazada volverá ser a protagonista na III edición da Tarde-Noite Meiga, que se celebrará o vindeiro 3 de xullo, de 17:00 a 22:00 horas, no foso do Castelo de Vimianzo.

A actividade, enmarcada na programación do Asalto ao Castelo, conta con diversas propostas artísticas que achegarán á cativada á revolta Irmandiña. Pasarela de moda, esconxuro da limoada ou baile da revolución son algunhas propostas para esta tarde na que as dinámicas e os xogos xirarán arredor da temática irmandiña. Por suposto, os pequenos e pequenas deberán ir caracterizados para participar, logrando involucrarse de cheo e vencer esta batalla.

Para participar será necesario inscribirse previamente na Casa da Cultura. Pódese facer desde hoxe mesmo, 24 de xuño, ata o vindeiro martes, 1 de xullo. A actividade ten un custo de 5 euros por persoa.

Esta proposta, realizada por terceiro ano consecutivo, estase a consolidar como unha das principais actividades para achegar a historia irmandiña aos nenos e nenas, nunha aposta que enlaza con outras actividades coma o Asaltiño.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X