Concello de Vimianzo
17 de xullo de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

18-06-2025

O Concello impulsa un obradoiro audiovisual para a mocidade que vai ‘Da idea á cámara’

O Concello de Vimianzo organiza o obradoiro ‘Da idea á cámara’, unha proposta formativa e creativa dirixida á mocidade que ten como obxectivo achegar o mundo do cinema dunha forma práctica, lúdica e participativa. A actividade desenvolverase do 28 de xullo ao 8 de agosto, de luns a venres, en horario de 10:00 a 14:00 horas. Será impartida por A Furna, un colectivo con ampla experiencia na formación audiovisual.

Ao longo de 10 sesións intensivas, as persoas participantes experimentarán todas as fases do proceso cinematográfico, desde a creación da idea ata a gravación final dunha curtametraxe colectiva. A proposta está deseñada para fomentar a expresión persoal, a creatividade e o trabalo en equipo, sen necesidade de montaxe ou edición posterior.

As persoas participantes aprenderán as bases da narración audiovisual e asumirán distintos roles dentro dun proxecto común. Deste xeito, preténdese estimular a cooperación e o respecto nunha contorna artística, fomentar a expresión artística e a imaxinación a través do guión, a caracterización e o deseño de escenas, potenciar a responsabilidade individual dentro dun proxecto colectivo e impulsar a confianza, a autoestima e o sentido do logro a través da creación, 100% propia, dunha obra común.

As prazas son limitadas e as inscricións poderán realizarse de maneira telemática ou presencial na Casa da Cultura desde o 19 ao 30 de xuño.

O Concello de Vimianzo reafirma, así, a súa aposta pola formación e a creación de espazos que impulsan a participación activa da mocidade.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X