Concello de Vimianzo
17 de xullo de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

13-06-2025

A artesanía en vivo volverá ser protagonista no Castelo de Vimianzo este verán

A artesanía en vivo volverá ser protagonista no Castelo de Vimianzo este verán

Un ano máis, o Castelo de Vimianzo será o escenario durante os meses de verán de diversos obradoiros de artesanía e das visitas teatralizadas, un dos principais atractivos culturais e turísticos do municipio. 

As actividades comezarán o vindeiro 21 de xuño co ‘Ciclo do liño’ ás 17:00 horas e promovida por Amigos do Liño. O 12 de xullo, ‘Contas de vidro’ con Esther Ferreiro ás 11:00 horas; o 19 de xullo, ‘Panillada’ ás 11:00 horas coa Asociación de Palilleiras As Nemanquiñas; o 26 de xullo ‘Modela co barro’ ás 17:00 horas con Obradoiro Lista; o 2 de agosto ‘Barcos e nasas’ con Chema Suárez ás 11:00 horas; o 16 de agosto ‘Tecendo o liño’ coa Asociación de Veciños O Santiaguiño de Carreira ás 11:00 horas; o 23 de agosto ‘Modela co barro’ ás 11:00 horas novamente con Obradoiro Lista; o 30 de agosto ‘Aprende a panillar’ ás 11:00 horas e tamén con As Nemanquiñas; o 6 de setembro ‘Arte en palla’ ás 13:00 horas coa Asociación Arte en Palla de Baíñas e, por último, o día 13 de setembro ‘Encadernación’ con ASPADEX ás 11:00 horas.

As inscricións poderán facerse en www.vimianzo.gal/turismo e as prazas están limitadas a 12 persoas, agás nas de soplar o vidro, que serán 8. As e os menores de 8 anos en diante deberán estar acompañados sempre dunha persoa adulta. 

Por outra banda, para as visitas teatralizadas, están programadas sesións os días 6, 13, 20, 27 de xullo; 3, 10, 17, 24 e 31 de agosto e 7 e 14 de setembro. Os horarios serán ás 12:30 horas e ás 17:00 horas. Serán de balde, con inscricións nesta ligazón e para persoas adultos ou menores acompañados dun adulto. Para máis información, pódese consultar www.vimianzo.gal/turismo ou chamar ao teléfono habilitado 981 71 63 54.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- xullo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X