Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-07-2012

Hoxe rematan os obradoiros medievais na Casa da Cultura

O Asalto ao Castelo marcou as actividades culturais infantís de toda a semana e a Casa da Cultura acolleu desde o luns ata o xoves diferentes actividades arredor da temática do medievo para que os máis pequenos saiban a que se debeu o Asalto ao Castelo.

O luns comezaban os obradoiros medievais coa participación de máis de 60 nenos e nenas, que seguiron participando nas demais actividades ao longo da semana. O primeiro día a técnica de cultura contáballe unha historia adapatada á súa idade sobre a historia dos Moscoso e as revoltas irmandiñas. a continuación elaboraron as súas inofensivas espadas para convertérense en guerreiros. O martes os obradoiros serían para elaborar os escudos, cada neno escolleu o seu bando e ralizou o escudo dos Moscoso ou o scudo dos irmandiños. O mércores non tocou obradoiro medieval, senón animación na biblioteca, a compañía Polo correo do vento trouxo a Vimianzo un espectáculo de animación tirulado Martiño o carteiro porquiño chega ao Castelo de Vimianzo. Logo de interactuar no conto do castelo, participaron nun taller de barro o Castelo, onde a partir dunha peza de barro, cada participante elaborou a súa Torre da Homenaxe. O xoves voltaron os obradoiros e os nenos e nenas elaboracron bandeirolas cada un deles escolleu a temática que máis lle gustou, entre os colecementos que a esas altura xa adquiriron da época medieval. O hoxe rematarán os obradoiros creando un medallón co símbolo de protección do castelo. 

Con estes obradoiros rematará a semana do asalto organizadas polo concello ata o Torneo Irmandiño de Tiro con Arco do sábado pola tarde. Pero a organización do evento irmandiño programou un sábado cheo de actividades para todos os públlicos, logo da cea medieval do venres: feira de artesanía, obradoiros infantís de caracterización medieval, ataque ao castelo, cetrería, poxa de escravos, e o propio Asalto ao castelo. O domingo continuarán as actividades infantís, humor e música na praza do concello.            




 

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X