Concello de Vimianzo
27 de novembro de 2024
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-07-2012

Comezaron as actividades da Semana do Asalto aprendendo un pouco máis da nosa historia

O historiador e antropólogo Manuel Vilar Álvarez achegábase o sábado ás Torres de Martelo para comezar unha visita guiada pola sú ahistoria e pola historia daqueles que a habitaron. Co castelo aberto para a ocasión foron moitos os visitantes que aproveitaron para acceder ás torres podendo gozar dunhas explicacións da man do que foi o encargado da súa musealización. Historia dos Moscoso, dos Castro, dos Martelo, lembranzas dos irmandiños, historia máis recente da corporación do 36, a rehabilitación do Castelo e a Mostra de Artesanía en vivo. Un repaso pola historia e polas lendas que arredor dela se espallaron resumida en menos dunha hora de visita.
Logo de que Manolo Vilar nos falase sobre os donos da fortaleza medieval, a filóloga e profesora de ensino secundario Laura Suárez Llano falounos máis concretamente sobre un dos máis sobranceiros escritores rexurdimentistas da literatura galega: Evaristo Martelo Paumán del Nero, marqués de Almeiras e vizconde de Andeiro, quen herdou a fortaleza de Vimianzo e a rehabilitou para convertela na súa residencia de verán, desde onde asinou moitas das súas composicións. Membro da Cova Céltica e da Real Academia, contemporáneo de Rosalía e Pondal, padriño de Castelao e mesmo responsable do seu pensamento e sentimento galeguista, xa que inculcou nel a súa defensa pola lingua. Un persoeiro que moito ten que ver coa historia de Vimianzo, xa que aínda hoxe a nosa fortaleza medieval é coñecida como as torres de Martelo.
Logo de aprendermos moitas cousas sobre nós e a nosa historia tamén que dou tempo para a diversión, e na praza do concello tivemos a festa de clausura das escolas culturais e deportivas. Unha xuntanza entre veciños e veciñas, con churrasco, xogos para os máis pequenos e música.
Desde onte os nenos e nenas participan na Casa da Culltura nos obradoiros medievais coa elaboración de escudos, espadas, medallóns, etc, que se desenvolverán durante toda a semana.    

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2024 +
- novembro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
1
2
3
4
8
9
10
11
12
13
14
15
18
19
20
21
22
23
24
25
26
 

Perfil de contratante
Boletíns
SEA- Suelo Empresarial del Atlántico
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X