Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Á praza do concello comezaban a chegar o domingo numerosos ciclistas arredor das 11 da mañá de diferentes puntos da Costa da Morte para participar no Día da Bici organizado polo concello de Vimianzo e la Voz de Galicia. Manuel Antelo deu a saída aos ciclistas, que percorrerían 12 quilómetros polo val de Vimianzo. Ao chegaren á praza de Cambeda fixeron unha pequena parada de avituallamento na que puideron degustar a rosca que PanIgnacio fixo para a ocasión. Logo dese breve repouso volveron coller camiño subindo cara a Sansobre ata chegaren a Trasouteiro onde volvería coller camiño cara á praza do concello. Unha vez rematada a ruta comezaba o sorteo de regalos doados por La Voz de Galicia, dos que fixeron entrega o alcalde e mais a concelleira de Benestar.