Concello de Vimianzo
12 de maio de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

06-05-2025

Vimianzo despide a súa programación cultural co espectáculo ‘Manuela Rey Is In da House’

O Concello de Vimianzo pechará este sábado, 10 de maio, a súa programación cultural co espectáculo ‘Manuela Rey Is In da House’, unha produción do Centro Dramático Galego. Farao no Auditorio ás 20:30 horas.

O espectáculo foi presentado esta mañá na Casa da Cultura polo CDG, Fran Núñez, quen asina tamén a dirección escénica e a dramaturxia da peza. No acto acompañárono a alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a técnica municipal desta área, Nieves Lema.

A obra busca reconstruír a memoria arredor desta actriz e escritora, alcumada “a muller lirio”. Conta a súa historia a partir de fragmentos soltos e contraditorios. Unha das teorías arredor dela é que con seis anos foi entregada pola súa familia a unha compañía teatral itinerante coa que percorreu León, Palencia e numerosas localidades portuguesas antes de chegar a Lisboa, onde triunfou no Teatro Nacional D. María II. Ademais de brillar en escena, existen referencias de que tamén escribiu algunhas obras como a comedia ‘A actriz’ ou o proverbio ‘Por este deixarás pae e mãe’.

O espectáculo emprega en escena as linguas e os talentos artísticos e técnicos tanto de Galicia como de Portugal, xa que a montaxe foi creada de maneira conxunta co Teatro do Noroeste-Centro Dramático de Viana do Castelo, o Teatro Nacional D.María II de Lisboa e o Teatro São João do Porto, afondando así na estreita relación que o Centro Dramático Galego mantén coas principais estruturas da escena lusa no marco do seu traballo a prol da internacionalización do teatro galego e dos seus profesionais.

A concelleira de Cultura agradeceu “ao Centro Dramático Galego por achegar ata o rural as súas producións” e animou “a toda a veciñanza da Costa da Morte a ver e gozar deste espectáculo, xa que é unha oportunidade única”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X