Concello de Vimianzo
13 de maio de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-05-2025

Vimianzo súmase ao programa Escora cunha aposta pola danza galega

Vimianzo participará, por primeira vez, no programa Escora, un proxecto da Deputación da Coruña nado en 2022 que busca visibilizar o traballo artístico das compañías de danza galegas, con accións de proximidade que presentan unha oportunidade de achegar a danza a espazos pouco habituais para esta disciplina artística.

As actuacións programadas en Vimianzo terán lugar en xuño. A primeira actividade será o día 6 ás 11:30 horas. Será un obradoiro de danza impartido por Noel Quintela ao alumnado de 3º da ESO do IES Terra de Soneira. Ese mesmo día, ás 20:30 horas, Quintela impartirá outro obradoiro de baile á Asociación Trubisquiña.

O domingo, 8 de xuño, terá lugar unha foliada aberta ao público no Castelo que contará coa actuación ‘Pensar a contratempo’, de Suevia Rojo, e ‘León’, de Noel Quintela. Esta é a mostra do proceso da residencia que realizará no concello. En caso de choiva esta actividade realizaríase na Casa da Cultura.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X