Concello de Vimianzo
12 de maio de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

02-05-2025

Vimianzo celebra o Día das Letras Galegas cunha obra que mestura teatro, memoria e identidade

O Concello de Vimianzo súmase, un ano máis, á celebración do Día das Letras Galegas cunha proposta escénica de gran valor: ‘Galego’, de Gabriel Fernández e Julio Molina. A actuación terá lugar o venres 16 de maio, ás 20:30 horas, no Auditorio da Casa da Cultura. A entrada é gratuíta.

A obra foi declarada de interese cultural pola cidade de Bos Aires, recoñecemento que subliña o seu valor e que pon de manifesto a importancia da identidade galega na diáspora.

Na peza relátase a historia dun home maior, migrante, que desprega a súa memoria nun presente que o interpela. A súa relación co seu lugar de orixe e co construído na terra que o acolleu mestúranse nun galego entreporteñado, sen perder o seu acento. O texto bebe de fontes biográficas, narracións orais e investigación documental, e articúlase sobre unha posta de escena baseada na actuación.

Os actores

O actor  Gabriel Fernández conta cunha traxectoria destacada no teatro, cine e televisión arxentinos e é recoñecido polo seu papel en traballos como ‘Argentina 1985’, ‘El amor después del amor’, ‘Casi feliz’ ou ‘El fin del amor’, entre moitos outros. Pola súa banda, Julio Molina acumula máis de corenta obras e múltiples galardóns polo seu traballo.

Desde o Concello animan á veciñanza a asistir á representación dunha obra que conxuga “teatro, memoria e identidade” e que “rende homenaxe á lingua galega e a todas as persoas que tiveron que emigrar, pero que nunca esqueceron as súas raíces”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X