Concello de Vimianzo
12 de maio de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

29-04-2025

Éxito rotundo na XXI edición do ‘Xantar dos Nosos Maiores’ de Vimianzo

Case 1.200 veciños e veciñas de Vimianzo de máis de 60 anos participaron este mediodía na XXI edición do ‘Xantar dos Nosos Maiores’, unha iniciativa organizada polo Concello que busca promover a cohesión social e o encontro entre as persoas maiores do municipio.

Esta nova edición contou coa presenza da alcaldesa, Mónica Rodríguez, e dos demais membros da corporación municipal. Tamén acudiron autoridades como a subdelegada do Goberno en A Coruña, María Rivas; o presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso; e a deputada de Política Social, Mar García Vidal.

A xornada deu comezo ás 12:00 horas coa apertura das portas do pavillón municipal, onde Pasarela Big Band foi a encargada de recibir coa súa música ás persoas asistentes. Ás 12:30 horas tivo lugar unha misa cantada, na que participou a recoñecida artista local Irma Macías e o coral O Son do Val de Vimianzo.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradeceu a participación de todos os asistentes, aos que definiu como “a base da nosa sociedade, os alicerces sobre os que construímos o que somos hoxe” e destacou que este é un día para “compartir historias, que son un tesouro que estamos encantados de conservar e de protexer. Porque cada un dos pasos que destes, mesmo nos momentos máis difíciles, abriron o camiño para que os que vimos detrás poidamos andar con máis forza”.

A rexedora concluíu agradecendo “o apoio incondicional da Deputación da Coruña” e “de todas as persoas que hoxe colaboraron para facer posible este evento, ao sacerdote, aos monaguillos, ao coro, a Irma e a Javi... por facer deste día unha xornada inesquecible”. Do mesmo xeito, agradeceu o esforzo e a dedicación absoluta de “todo o equipazo que compón o departamento de Servizos Sociais, e moi especialmente a Sandra Abeijón e a María José Pose, concelleira de Benestar Social”.

Pola súa parte, María Rivas destacou todas as achegas que os nosos maiores fixeron á nosa sociedade e salientou que toda homenaxe é pouca para todo o que merecen.

Por último, o presidente provincial destacou que “este xantar é un símbolo de recoñecemento, unha homenaxe, a todo unha xeración que se caracteriza polo esforzo incansable e que, agora, merece gozar de todo o logrado”.

Pola tarde continuaron as actividades coas actuacións musicais de Irma Macías e Javi Solla, que animaron a sesión desde as 17:00 horas. Logo fíxose entrega dun agasallo ao señor e á señora de maior idade do municipio, como recoñecemento simbólico e emotivo. Tampouco faltou o tradicional sorteo de agasallos.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X