Concello de Vimianzo
12 de maio de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

21-04-2025

Antón Yanguas bota a andar a súa residencia artística no Auditorio de Vimianzo

A Casa da Cultura de Vimianzo abre a convocatoria 2025 de Residencias Paraíso impulsadas polo colectivo RPM coa residencia do creador galego Antón Yanguas. Ao longo destes meses estará traballando no seu proxecto de investigación, que baixo o título ‘Open Call’ aborda o mundo das convocatorias artísticas e a exposición continua da figura do bailarín.

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, recibiuno hoxe e desexoulle “moita sorte nesta nova etapa, que de seguro será moi enriquecedora. Agardo que este tempo de traballo sexa moi frutífero e que poidas descubrir e empaparte da nosa cultura ao mesmo tempo que desenvolves o teu proxecto”.

Pola súa parte, Yanguas mostrouse moi ilusionado con poder empezar a súa investigación no Auditorio de Vimianzo e agradeceu “ao colectivo RPM e ao Concello por brindarme esta oportunidade, da que aproveitarei cada día”.

O proxecto conta co financiamento da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, e das distintas institucións coprodutoras do programa.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- maio +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X