Concello de Vimianzo
29 de abril de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

14-04-2025

Vimianzo acolle unha xornada aberta sobre a violencia no deporte con destacadas figuras deste eido

O Concello de Vimianzo, en colaboración cos clubs de fútbol Soneira e Baíñas, organiza unha xornada sobre a violencia no deporte. Terá lugar o venres 25 de abril, ás 20:30 horas, no salón de actos da Casa da Cultura.

Trátase dun acto aberto ao público no que se abordará esta problemática, tanto a nivel xeral como no ámbito do fútbol en particular, co obxectivo de concienciar aos distintos axentes que conforman o tecido deportivo.

A temática será tratada desde distintas perspectivas grazas á participación de recoñecidos profesionais do mundo do deporte:

-            Manuel Pablo, ex - xogador profesional e actual adestrador do Fabril, ofrecerá a súa visión sobre a violencia desde a perspectiva da alta competición.

-            Miguel Figueira, adestrador do equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, falará sobre o impacto da violencia no deporte base, centrándose na cativada.

-            Christian Sendón, en representación do colectivo arbitral, achegará a súa experiencia directa como parte esencial dos encontros deportivos.

-            Antonio Rial, psicólogo da facultade de Psicoloxía da USC, dará unha visión profesional sobre este problema.

-            Uxío da Pena, avogado especializado en dereito deportivo, ofrecerá unha análise legal sobre os conflitos e condutas violentas neste ámbito.

A mesa estará moderada polo xornalista deportivo Terio Carrera, quen conducirá a charla a través de preguntas e reflexións dirixidas aos participantes.

Ademais, o público asistente tamén terá un papel activo, podendo participar na dinámica do coloquio formulando preguntas aos poñentes.

Con esta iniciativa, o Concello de Vimianzo aposta pola formación, a reflexión colectiva e a promoción de valores positivos no deporte: “o obxectivo é previr a violencia e concienciar á cidadanía de que os terreos de xogo deben ser lugares abertos, onde haxa respecto e igualdade entre todos e todas”, sinalou o concelleiro desta área, Sergio Miñones.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X