Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O Concello de Vimianzo celebrará a XVIII edición da Noite Mundial Starlight cunha actividade astronómica no miradoiro Furna do Sapo. A xornada, organizada en colaboración coa Fundación Starlight, terá lugar o vindeiro 20 de abril.
Baixo o lema ‘Observar o ceo é ler o universo’, este miradoiro ofrece á veciñanza e visitantes unha das panorámicas máis espectaculares da ría de Camariñas. A sensación de estar sobrevoando a auga fai deste espazo o lugar ideal para unha noite de observación solar e astronómica.
O evento desenvolverase de 20:30 a 23.00 horas e é necesario realizar inscrición previa a través da seguinte ligazón.Continúase así coa promoción de Vimianzo como destino starlight, xa que son varios os lugares dos que se pode gozar no municipio desta actividade. Por iso, desde o Concello animan á cidadanía a participar nesta actividade para gozar dunha noite única, na que a natureza e a emoción de mirar ao ceo creará unha experiencia inesquecible.