Concello de Vimianzo
29 de abril de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

08-04-2025

O Concello organiza unha viaxe á Illa da Toxa para persoas maiores de 55 anos

O Concello de Vimianzo abre este xoves, 10 de abril, o prazo para inscribirse nunha nova excursión destinada ás persoas maiores de 55 anos, cun destino único: a Illa da Toxa. A estadía desenvolverase durante catro días, do 5 ao 8 de maio, no Hotel Balneario da Illa da Toxa.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición a partir das 8:00 horas dese mesmo día na área de Benestar Social do Concello. As prazas son limitadas e cubriranse seguindo a orde de chegada ata esgotarse.

A viaxe inclúe o desprazamento ata a Illa da Toxa, o aloxamento e o pase ás augas termais do Balneario, que ofrecen múltiples beneficios como a relaxación muscular ou a mellora da circulación. Contémplase tamén un variado programa de actividades, entre as que está prevista unha excursión á cidade de Vigo con visita guiada.

A iniciativa busca favorecer a convivencia e o benestar das persoas maiores de municipio, ofrecéndolles unha oportunidade para desconectar e compartir experiencias.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X