Concello de Vimianzo
29 de abril de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

07-04-2025

O CEIP San Vicenzo súmase ao ‘Día da Educación Física na Rúa’ organizado polo COLEF

O CEIP San Vicenzo será un dos participantes no ‘Día da Educación Física na Rúa’, organizado polo Colexio Oficial de Licenciados en Educación Física e Ciencias da Actividade Física, co obxectivo de poñer en valor a Educación Física, promover hábitos saudables e destacar a súa importancia como ferramenta de inclusión social.

Durante esta semana, o alumnado do centro educativo participará en dúas xornadas no exterior promovidas para visibilizar o papel fundamental da actividade física na saúde, así como transmitir valores como o respecto, a igualdade e a diversidade. O obxectivo é concienciar que estas prácticas son ferramentas poderosas para romper barreiras sociais, promovendo a igualdade e o respecto á diversidade.

Hoxe, 7 de abril, os alumnos e alumnas de Educación Infantil e 1º e 2º de primaria realizarán un ‘Roteiro saudable’ e coñecerán os ‘Xogos do Mundo’, de 12:30 a 14:00 horas.

O mércores, 9 de abril, será a quenda dos nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria, que participará nunha xornada na praza do Concello centrada na práctica de deportes alternativos inclusivos como o Datchball e o Noqball.  Terán lugar de 11:00 a 12:00 e de 12:30 a 13:30 horas.

Coa súa adhesión, desde o CEIP San Vicenzo buscan reivindicar o papel da Educación Física como motor de integración e como elemento clave para fomentar hábitos saudables e contribuír á formación integral do alumnado.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X