27-06-2012
Emotiva recepción á comitiva do ABC de Corcubión no concello
Unha grupo de membros da Asociación bonaerense ABC de Corcubión chegaba arredor das 11 da mañá de onte á praza do concello, onde os gaiteiros da Asociación Trubisquiña os recibían ao son do Himno do Antigo Reino de Galicia, acompañados polo alcalde. O presidente da Asociación, o vimiancés Carlos Óscar Ameijeiras Miñones, fundíase nun emotivo abrazo con Manuel Antelo na entrada do concello. O alcalde acompañaba a comitiva cara á alcaldía onde tiveron lugar os discursos de benvida e agradecemento e onde os presentes compartiron con Manuel Antelo lembranzas emotivas da súas vivencias, de cando tiveron que abandonar a súa vida para loitar por un futuro no outro lado do océano. Manuel Antelo facía mención nas súas palabras ao gran labor feito polos emigrantes en Galicia, facendo especial fincapé na Escola de Pasarela, unha das catro escolas que se crearon grazas á institución que Carlos Ameijeiras agora preside. O presidente galego-arxentino fixo unha como aquela xente que marchou de Galicia sen estudos loitou para que os seus fillos e fillas puidesen ter un futuro sen darlle as costas nunca á súa terra natal. Logo de intercambio de recordos o alcalde acompañou á comitiva a realizar unha visita á escola de Pasarela, que aínda que non funcion acom o centro de ensino desde o agrupamento escolar, segue a manter unha intensa actividade cultural levada a cabo polo concello e pola Asociación de Veciños de Pasarela. Neste lugar volveu haber tempo para lembranzas e confidencias e mesmo aproveitaron a presenza do alcalde para preguntarlle polo concello, principalmente pola conservación do rico patrimonio cultural que ten Vimianzo. A seguinte parada, no castelo de Vimianzo, onde puideron ver o traballo das panilleiras e da artesás do liño. Antes de voltar a Compostela visitarían outros lugares como Monte Faro, os Batáns do Mosquetín ou San Bartolo. Máis lugares para compartiren lembranzas e un grato recordo que contarán á volta á súa terra de adopción. Un emotivo encontro cos veciños e veciñas dunha terra tan lonxana no espazo e tan cercana no corazón.