Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Baíñas puxo na xornada de onte o punto e final á programación do Entroido de Vimianzo cun concurso de disfraces cheo de cor e alegría.
O tradicional lacón con grelos, acompañado de pan, viño e filloas, puxo sabor á celebración, mentres que a actuación de DJ Chicho puxo o toque musical desta cita.
No evento, organizado pola Comisión de Festas de Baíñas en colaboración co Concello de Vimianzo, repartíronse 2.870 euros en premios, que foron repartidos entre comparsas, grupos, parellas e participantes individuais (infantís e adultos). Estes foron os gañadores:
Comparsas
Primeiro premio: Steampuk (Os da Charca)
Segundo premio: Ti máis eu (AC Trubisquiñas)
Terceiro premio: Unha de pistoleiros do Noroeste (AC Os Enjominados de See)
Grupos
Primeiro premio: Do futuro (Ponte Disfraz)
Segundo premio: Club Deportivo Fervello
Terceiro premio: Os avispados da Carantoña
Parellas
Primeiro premio: Os cafezudos africanos
Segundo premio: Dama e cabaleiro medieval
Terceiro premio: O Titanic
Infantís individuais
Primeiro premio: Frida Kahlo
Segundo premio: Algo de todo
Terceiro premio: Helado fantasía
Adultos individuais
Primeiro premio: O Furbi Remolón
Segundo premio: Reina de corazones
Terceiro premio: -
Desde o Concello mostraron o seu agradecemento “a todas as persoas que se animaron a participar e que, un ano máis, estiveron con nós, acompañándonos e pechando o Entroido por todo o alto” e tamén “a todos os voluntarios e voluntarias da organización, unha peza clave e fundamental para o desenvolvemento desta xornada”.