Concello de Vimianzo
29 de abril de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-03-2025

Vimianzo conmemora o 8M con exposicións e actividades para sensibilizar sobre a igualdade

No marco do Día Internacional da Muller, o Concello de Vimianzo organiza unha iniciativa educativa e de sensibilización baixo o lema ‘Empoderar é liberar’, coa que se busca achegar ao alumnado do IES Terra de Soneira, o CEIP San Vicenzo e o alumnado Actívate Senior do curso de memoria a vida e o legado de mulleres que foron referentes na historia e que deixaron a súa pegada na loita pola igualdade.

Para isto, instaláronse en varias dependencias da Casa da Cultura un total de 25 vinilos con imaxes e frases icónicas de figuras como Frida Kahlo, Coco Chanel, Rosalía de Castro e moitas outras mulleres que marcaron un antes e un despois en diferentes eidos. A través desta exposición o alumnado non só terá a oportunidade de coñecer a estas mulleres, senón tamén de reflexionar sobre a súa mensaxe.

Precisamente, para incidir nela, levarase a cabo unha actividade na que o estudantado participará nunha dinámica de asociación: uns terán as frases e outros as imaxes das mulleres destacadas, e deberán atopar as parellas correctas. O obxectivo deste xogo e colección é fomentar a comprensión e a interiorización da mensaxe destas figuras, promovendo a reflexión e a aprendizaxe do valor da igualdade.

Outras actividades

Ademais desta exposición, a Casa da Cultura acollerá tamén a mostra ‘Relembrando a Trini’ e a presentación do libro ‘É mellor loitar que morrer de fame’, de Sergio Marey. A inauguración terá lugar o venres, 7 de marzo, ás 19:00 horas. Esta actividade está impulsada pola área de igualdade da Deputación da Coruña.

Por outra parte, o Auditorio acollerá, ás 20:00 horas o Ciclo Mulleres de Cine coa proxección de ‘Secaderos’, dirixida por Rocío Mesa.

Para rematar, o propio sábado 8 de marzo será a quenda de Tarabela Creativa coa súa obra ‘Boa sorte, mala fama’.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X