Concello de Vimianzo
29 de abril de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

03-03-2025

Vimianzo acolle novamente a presentación dos datos dun Índice de Coxuntura Económica que desvela unha baixada do paro na localidade

A Casa da Cultura do Concello de Vimianzo acolleu novamente, tras facelo tamén en 2024, a presentación dos datos do Índice de Coxuntura Económica, ICE, un documento editado polo Club Financeiro de Santiago no que se realiza unha radiografía completa da realidade económica da provincia da Coruña, tanto a nivel comarcal como municipal.

A poboación puido coñecer así da man de parte do equipo redactor os datos da realidade socio económica tamén da comarca da Terra de Soneira. Estiveron presentes a alcaldesa, Mónica Rodríguez; o presidente do Club Financeiro de Santiago, Roberto Pereira, así como parte do equipo redactor do documento: Maite Cancelo, profesora de Economía cuantitativa; María Bastida, profesora de Organización de Empresas e Comercialización; e Miguel Ángel Vázquez Taín, profesor de Facenda Pública e Sistemas Fiscais. Completan o grupo de investigadores das universidades da Coruña e Santiago David Rodríguez e Emilia Vázquez, titulares de Economía Cuantitativa.

Este documento ten estrutura en cinco bloques principais: territorio e recursos naturais, poboación, mercado de traballo, estrutura produtiva (PIB, sectores produtivos, demografía empresarial) e sector público (facendas locais, gastos e investimentos municipais).

A alcaldesa, Mónica Rodríguez, subliñou que “A Coruña segue a ser unha provincia cun destacado peso económico en toda a nosa comunidade, o que vén reflectindo que somos un dos motores da actividade económica e demográfica en Galicia. Temos que seguir traballando nesta liña”.

Pola súa banda, o presidente do CFS, Roberto Pereira, indicou que ““el ICE es un documento de análisis de los datos económicos de la provincia que se convierte en una herramienta para la toma de decisiones, tanto para instituciones como para empresas”. Desde el Club Financiero de Santiago se trabaja en que el Informe de Coyuntura Económica analice la realidad de toda Galicia “convirtiéndose en un instrumento mucho más potente”.

Poboación

En relación coa poboación, Vimianzo perde desde 2012. A comarca de Terra de Soneira tamén rexistra unha baixada do -0,4 % en 2023, mentres a provincia consegue un leve crecemento de +0,4 %. Detéctase un envellecemento acelerado xa que a poboación maior de 64 anos na comarca é moi superior á media provincial (34 % fronte ao 25,6 %). Vimianzo si rexistra un leve crecemento de estranxeiros, pero segue lonxe da media provincial.

Mercado de traballo

O paro en Vimianzo descende en valores próximos ao 8 %, algo máis que a media provincial. As mulleres en paro (62,4 %) sitúase claramente sobre a media da Coruña que é dun 54 %. A diminución do número de contratos é moi inferior á media provincial (3 %), o que indica unha maior estabilidade relativa. Tamén aumentan as afiliacións á Seguridade

 

Social no réxime xeral mentres no réxime de autónomos cae. En Vimianzo hai estabilidade na contratación en industria e construción aínda que o sector servizos é maioritario mentres que o sector agrícola rexistrou unha redución de contratos, de 68 a 41 nun ano. 

Economía e empresa

O peso do comercio (36,78 %), construción (26,44 %) e servizos (25,74) demostran unha diversificación que pode aproveitarse para fortalecer a economía local. A industria, cun 11,03 %, representa unha área que pode crecer, especialmente se se fomenta a innovación en sectores estratéxicos. 

A comarca de Terra de Soneira achega o 1 % do PIB provincial, unha cifra similar a outras zonas rurais con características parecidas. O PIB per cápita é de 15.635 euros, con marxe de mellora se se traballa na diversificación produtiva e a atracción de investimento.

Turismo

A provincia concentra o 36 % das prazas turísticas de Galicia, sendo un dos principais destinos da comunidade. Na comarca a oferta turística segue en expansión. En 2024, a comarca contaba con 2.304 prazas turísticas, o que representa o 2,4 % da oferta total da Coruña. Este dato mostra potencial de crecemento no sector, sobre todo en turismo rural e experiencias de natureza.

O aloxamento turístico segue aumentando, cun crecemento no número de vivendas de uso turístico nos tres municipios da comarca. En 2024, Camariñas sumou 152 novas prazas, Vimianzo 90 prazas e Zas 29 prazas. Ademais, en Camariñas incrementouse a capacidade hostaleira en 42 prazas e engadíronse 10 prazas en albergues, mentres que Zas ampliou a súa capacidade en campamentos de turismo con 60 novas prazas.

Conclusións

Entre as oportunidades detectadas está o crecemento do turismo sostible, a atracción de investimento en enerxías renovables, a innovación en industria e enerxía, o crecemento en enerxía verde e circular ou o fortalecemento do sector exterior.

As ameazas para ter en conta son a dependencia económica, o desemprego xuvenil e despoboamento rural, a vulnerabilidade do sector primario, a falta de diversificación industrial ou as restricións orzamentarias municipais, entre outras.

Informe de conxuntura económica

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- abril +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X