Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Vimianzo celebrou na tarde do sábado un Entroido ‘terrorificamente divertido’ no que repartiu máis de 2.800 euros en premios.
A xornada comezou cun pasarrúas e animación con Rapacollon’s Big Band e continuou co concurso de disfraces. De seguido o público puido gozar da actuación musical de Oviravai e o seu espectáculo ‘Paio e o poder da música’. Finalmente tivo lugar a entrega de premios a cargo da alcaldesa, Mónica Rodríguez, e dos concelleiros e concelleiras.
Estes foron os gañadores e gañadoras:
Comparsas
Primeiro premio: TI MÁIS EU - AC TRUBISQUIÑA
Segundo premio: UNHA DE PISTOLEIROS - ENJOMINADOS DE CEE
Terceiro premio: CADA PEZA IMPORTA - AC MOCATRIZ
Grupos
Primeiro premio: DO FUTURO PONTE DISFRAZ - AC PONTE DO PORTO
Segundo premio: O AKELARRE DA CLM - JOSÉ MARÍA GÁNDARA
Terceiro premio: LA FAMILIA HEIDI - MARTA CIBRÁN
Parellas
Primeiro premio: OS CAFEZUDOS AFRICANOS - ANDREA PAZOS E ADRIÁN PAZOS
Segundo premio: UN LABREGO E A SÚA POLIÑA - ÁLEX ROJO E LÍA ROJO
Terceiro premio: DÚO HAPPY - SAMUEL MARTÍNEZ E LUCÍA SANDA
Infantís individuais
Primeiro premio: LA REINA DE LA PIPA - ÁFRICA MARTÍNEZ
Adultos individuais
Primeiro premio: REINA CORAZONES - PATRICIA PRECEDO
Segundo premio: COA PIÑA DISQUE LIGAS NO MERCADONA - J. MANUEL RODRÍGUEZ
Terceiro premio: LEMBRANDO VOLUNTARIOS DA DANA - BEGOÑA CAMBÓN