Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
O equipo de asesores do Centro de Formación e Recursos (CEFORE) da Coruña que se encarga de xestinar e executar accións formativas para o proefesorado e de impulsar a investigación educativa ten a súa visitaba o pasado venres Vimianzo, lugar onde está desde o pasado curso o centro colaborador: o IES Terra de Soneira. Os centros de ensino dun total de 37 concellos da provincia da Coruña dependen deste Centro de Formación e Recursos, que ten como único centro colaborador o instituto da capital vimiancesa. Desde o IES Terra de Soneira xestiónanse os centros de ensino de Cabana de Bergantiños, Camariñas, Cee, Corcubión, Coristanco, Dumbría, Fisterra, Laxe, Muxía, Ponteceso, Vimianzo e Zas.
O pasado venres tiña lugar un plenario dos catorce asesores no instituto vimiancés, e un dos puntos da orde do día era a inclusión das Xornadas castrexas Que sabemos dos castros? Xornadas sobre investigación, didáctica e comunicación da Idade do Ferro. Logo de rematar o plenario os asesores e asesoras dispoñíanse a coñecer a vila sede do centro colaborador. No Castro das Barreiras eran recibidos polo alcalde de Vimianzo, quen lles falou do patrimonio e recursos turísticos do noso concello. O arqueólogo Ángel Concheiro guiaríaos polo Castro das Barreiras a través do que se pode apreciar a simple vista, o que apreciamos logo dunha breve explicación e das descubertas tras a escavación, e incluso das lendas que envolven o mundo castrexo. E continuarían a visita polo castelo de Vimianzo e o Pazo de Trasariz para rematar coñecendo as instalacións da Casa da Cultura,onde se reslaizan moitos dos cursos e xornadas que se organizan dentro da programación anual do Centro de Formación.