Concello de Vimianzo
21 de febreiro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

19-02-2025

O Concello reforzará a seguridade do viario que vai desde Trasouteiro ata a residencia de maiores DomusVi

O Concello de Vimianzo vén de sacar a licitación o proxecto de mantemento e mellora do viario que vai desde Trasouteiro ata a residencia de maiores DomusVi, en Vimianzo, incluído no POS+ Adicional 2/2024. Esta actuación responde á necesidade de mellora do estado actual da estrada, que presenta un pavimento con descontinuidades e fundimentos que dificultan a circulación e afectan á seguridade viaria.

No proxecto contémplase a aplicación dun tratamento semiprofundo bituminoso, con reforzo nas zonas máis deterioradas, seguido da aplicación dun dobre rego asfáltico. Ademais, procederase tamén á limpeza das cunetas, que actualmente están obstruídas por vexetación e terra, para garantir, así, unha correcta evacuación da auga da choiva e previr danos futuros na infraestrutura.

O prazo estimado para a execución das obras será de tres meses. As empresas interesadas poden presentar as súas ofertas ata o día 5 de marzo ás 23:59 horas.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, resaltou “o compromiso do Concello coa mellora das infraestruturas municipais” e asegurou que estes traballos “permitirán que os veciños e veciñas do lugar poidan gozar dunha estrada segura e preparada para garantir a seguridade viaria e peonil, ademais de mellorar as conexións entre as diferentes parroquias do noso municipio”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X