Concello de Vimianzo
21 de febreiro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

15-02-2025

O Concello mellorará a accesibilidade e a seguridade do lugar de Santa Cristiña, en Berdoias

O Concello de Vimianzo acaba de sacar a licitación o proxecto de pavimentación interior do lugar de Santa Cristiña, na parroquia de Berdoias, xa que actualmente presenta un estado deteriorado. A actuación ten como obxectivo a renovación do pavimento, mellorando a accesibilidade e incrementando a seguridade tanto viaria como peonil.

Os traballos realizaranse nunha superficie de 1.500 metros cadrados cun orzamento base de 70.585,36 euros con cargo ao POS+2024 da Deputación da Coruña. O proxecto contempla a pavimentación en aglomerado en quente cun espesor de cinco centímetros para dar solución, así, aos problemas de fundimentos e baches que presenta a superficie e que dificultan o tránsito diario dos turismos.

Dentro das melloras previstas, está tamén a execución dunha rígola prefabricada de formigón no centro do carril, na que se incorporarán os imborais, dotando á obra de recollida de pluviais mediante colector enterrado, un servizo do que actualmente carece.

O proxecto inclúe tamén a preinstalación dun sistema de recollida de augas residuais, para evitar así unha rotura posterior do pavimento coa execución do saneamento. A súa función é protexer os firmes e evitar actuacións innecesarias no futuro.

As ofertas poderán presentarse ata o vindeiro 27 de febreiro de 2025 ás 23:59 horas.

O concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez, asegurou que con esta actuación “reafirmamos o noso compromiso coas melloras das infraestruturas locais e seguimos avanzando na reparación do noso rural. Esta é unha obra moi importante coa que melloraremos en gran medida a comodidade dos veciños e veciñas de Santa Cristiña, ao tempo que incrementamos a seguridade tanto viaria como peonil do lugar”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X