Concello de Vimianzo
21 de febreiro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-02-2025

Vimianzo presenta a súa programación cultural para os meses de febreiro a maio

O Concello de Vimianzo presentou esta mañá unha ampla e variada programación cultural para os meses de febreiro a maio, consolidando o Auditorio como un espazo de referencia para as artes escénicas. Con carácter xeral, as funcións terán lugar os sábados ás 20:30 horas, con propostas do máis variadas e entretidas.

Na presentación participaron a alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Cultura, Rosa Blanco, e a técnica municipal desta área, Nieves Lema.

A compañía Amorodo Teatro será a encargada de inaugurar a programación este venres, 14 de febreiro, ás 11:00 horas, co seu espectáculo ‘A Nai’. Estará dispoñible para o alumnado do IES Terra de Soneira.

O sábado 22 será a quenda de aAntena, que durante estes meses fixo a súa residencia artística na localidade. Durante este tempo estivo preparando o seu espectáculo ‘Sol Fuerza’, que presentará oficialmente ao público nesta xornada.

No mes de marzo, o Concello súmase á conmemoración do Día Internacional da Muller e ofrecerá diversas propostas relacionadas con esta temática. O venres, día 7, o Auditorio acollerá o ciclo ‘Mujeres de cine’, financiado polo Ministerio de Igualdade. Ás 20:00 horas terá lugar a proxección de ‘Secaderos’, de Rocío Mesa.

O sábado, 8 de marzo, Tarabela Creativa presentará o seu espectáculo ‘Boa sorte, mala fama’, unha traxicomedia sobre o fenómeno da emigración, tan arraigado á historia galega e, por suposto, tamén á vimiancesa. Nesta ocasión recollen a historia de vida e o sacrificio  de dúas veciñas de Vimianzo, Paquita Pazos e Caridad Albela.

A programación continúa o sábado seguinte, día 15, con ‘Un deus salvaxe’, de Talía Teatro. Unha comedia na que se exploran temas como a hipocrisía, a intolerancia e a soberbia na sociedade.

O sábado 22 de marzo, a compañía Os Náufragos Teatro convidará ao público a reflexionar con ‘Noso’, unha dramedia familiar que fala do noso desde o rural deshabitado.

Ainé Producións será a compañía encargada de pechar o mes de marzo co seu espectáculo ‘Continente María’,  un canto á vida e ao teatro a través do diálogo coa figura de María Casares.

Xa en abril, o sábado 5, a compañía Ibuprofeno Teatro representará ‘Reconversión’, que supón todo un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión no sector naval na ría de Vigo.

O sábado 12 de abril a compañía Morraoconto presentará ‘Tromsø’, unha reflexión en clave de humor desde a perda. A seguinte actuación será ‘O parvo’, do grupo de teatro Badius.

O 3 de maio o colectivo RPM de danza contemporánea estrará a súa Residencia Paraíso e, por último, o Centro Dramático Galego presentará en Vimianzo ‘Manuela Rey is in da house’ o día 10.

Compra de entradas

A entrada dos espectáculos ‘Sol Fuerza’, ‘Boa sorte, mala fama’, ‘Un Deus salvaxe’, ‘Noso’, ‘Continente María’, ‘Reconversión’, ‘Trimsø’, ‘O parvo’ e ‘Manuela Rey is in da house’ terá un prezo de 5 euros. A entrada reducida para maiores de 65 anos e estudantes custará 2,50 euros.

Os pases poderán comprarse de maneira anticipada a través da plataforma www.woutick.es ou de maneira presencial na Casa da Cultura, de luns a venres en horario de 9:00 a 14:00 horas. O propio día da función tamén se poderán mercar no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio da actuación.

Os espectáculos ‘A nai’, ‘Secadero’ e as ‘Residencia Paraíso’ serán de balde.

A concelleira de Cultura, Rosa Blanco, mostrou o “orgullo que supón contar, un ano máis, cunha programación cultural deste nivel. Trátase dunha serie de espectáculos moi completa que reafirma o compromiso e a aposta do Concello de Vimianzo pola cultura, un piar fundamental na sociedade. Estamos encantados de poder ofrecer unha programación dun gran nivel, moi diversa e accesible para todos os públicos”.

Pola súa parte, a rexedora, Mónica Rodríguez, destacou que “o Auditorio de Vimianzo consolidouse como unha residencia artística para as compañías, sendo un lugar idóneo para aquelas que queiran recollerse arredor dun produto. Estamos encantados de poder ver como traballan, como evolucionan e como medran estes artistas”.

Ademais, quixo agradecer “a colaboración do Ministerio de Igualdade, de Agadic, do Centro Dramático Galego e da Deputación da Coruña para poder presumir cada ano dunha programación excelente e establecer o Auditorio coma un punto de referencia cultural na comarca”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X