Concello de Vimianzo
21 de febreiro de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

11-02-2025

Yago Rellán e Nico Soto brillaron no Campionato de España de Tiro con Arco en Sala

Esta fin de semana celebrouse en Valladolid o Campionato de España de Tiro con Arco en Sala, no que participaron dúas novas promesas do club vimiancés Dousxsetenta, Yago Rellán e Nico Soto. Acompañados polo adestrador, Víctor Santos, ambos os dous arqueiros desempeñaron un papel de gran nivel na competición.

Esta tarde serán recibidos polos demais integrantes do club con gran agarimo e admiración no primeiro adestramento tras o campionato.

A pesar de que Nico Soto non logrou superar o corte para as eliminatorias, a súa participación no torneo reflectiu o compromiso e a entrega que caracteriza ao club. Pola súa parte, Yago Rellán conseguiu clasificarse no posto 32 na competición individual, un logro que demostra a súa proxección neste deporte. Finalmente, caeu contra Rodrigo Palomo, actual plusmarquista español Sub15 e subcampión de España.

Ademais da súa actuación individual, Yago foi un dos representantes de Galicia na categoría por equipos Sub15 masculina. A selección galega logrou vencer en cuartos de final a Castela e León, asegurándose un posto en semifinais. Porén, nun enfrontamento moi igualado, perderon ante Baleares, quedando ás portas da final. O domingo tiveron o duelo polo terceiro ou cuarto posto contra Andalucía, logrando, finalmente, traer con eles unha moi ansiada medalla de bronce. Yago Rellán aproveitou o duelo para tomar o desquite e vencer a Palomo.

Desde o Concello de Vimianzo quixeron recoñecer a destacada participación dos arqueiros locais e trasladarlle os seus parabéns: “a entrega, o esforzo e a paixón por este deporte que transmitides son todo un orgullo para nós. Estamos seguros de que a vosa traxectoria aínda acaba de comezar e lograredes chegar moi lonxe”.

Pola súa parte, desde o club aseguran estar “moi contentos cos resultados conseguidos, pero sobre todo moi orgullosos de todo o que fan os nosos rapaces e rapazas e do seu compromiso con este deporte para mostrar un gran nivel en cada competición”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- febreiro +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
1
2
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X