Nestes momentos non hai cursos pendentes de celebración no Concello
Luís Lista Cancela (Coristanco, 1957) é un pintor autodidacta que comezou no mundo do debuxo a carboncillo aos sete anos. Non sempre puido dedicarlle moito tempo, pero a pandemia da Covid-19 e a súa posterior xubilación fixeron que aquel ‘Soño dun neno’ acabase sendo realidade, introducíndose, ademais, no mundo do óleo e os acrílicos.
Co lapis de grafito levou a cabo os seus traballos máis prezados, que recompila agora nesta exposición que será presentada ao público vimiancés o vindeiro 15 de febreiro ás 19:00 horas. A mostra estará dispoñible na sala Antón Mouzo da Casa da Cultura ata o 30 de marzo.
Nas pezas móstrase o dominio do artista á hora de realizar retratos de diferentes persoeiros. En total vai expoñer 12 obras en carboncillo, nos que o autor plasma tanto paisaxes como retratos, 5 en óleo e 2 en acrílico.
O Concello de Vimianzo mostra, así, o seu compromiso cos artistas autodidactas da Costa da Morte, dándolle unha oportunidade para expoñer os seus traballos.