Concello de Vimianzo
22 de marzo de 2025
O corazón da Terra de Soneira

Novas

05-02-2025

O Auditorio de Vimianzo consolídase como Residencia Artística neste 2025

O Auditorio de Vimianzo consolídase como Residencia Artística neste 2025 acollendo a produción de ‘Sol Fuerza’, da compañía aAntena. A obra está dirixida por Xosé Leis.

Por iso, desde finais de xaneiro e ata finais de marzo, o Auditorio serve como espazo de traballo e experimentación para a compañía, que está a ultimar os detalles desta proposta. No ecuador do proceso de traballo, a alcaldesa, Mónica Rodríguez, a concelleira de Benestar Social, María José Pose, e a técnica de Cultura, Nieves Lema, visitaron aos integrantes do equipo para coñecer de primeira man o desenvolvemento da obra.

A estrea terá lugar o próximo 22 de febreiro. Ademais, o día previo haberá unha preestrea dirixida ao alumnado do IES Terra de Soneira, co que se pretende achegar o teatro ás novas xeracións.

‘Sol Fuerza’, entre a mentira e a verdade

‘Sol Fuerza’ transpórtanos aos anos 90, cando Heliodoro Vicente soñaba cun futuro brillante, no que a enerxía do sol substituía o petróleo. Mais a sorte é caprichosa e cando non chove, o toxo prende lume, apagando o soño antes de comezar.

Pero a historia non comeza aí, xa que nos anos 50 un home chamado Filek recorreu España vendendo auga do río coma se fora petróleo, chegando incluso a enganar a Franco. Mentres, nas aldeas, continuaban esperando un milagre.

Xa no presente, entre muíños de vento, placas solares e promesas ecolóxicas, a compañía deixa caer unha pregunta ante o público: progreso ou colonización? A historia repítese, as respostas complícanse e eles continúan preguntando: é isto o futuro ou unha mentira ben contada?

Diferentes dúbidas que farán reflexionar ao público no que a propia compañía define coma un soño teatral no que se mestura verdade, mentira e moita identidade galega.

Un elenco soñado

A obra está protagonizada por Manu Fernández, Virxinia Bermúdez e Lucía Veiga, quen está nomeada aos premios Goya 2025 na categoría de Mellor actriz revelación polo seu papel en ‘Soy Nevenka’, o que engade un gran atractivo á produción.

Vimianzo reafirma con esta nova Residencia Artística o seu compromiso coa cultura e o teatro. A rexedora trasladoulle aos participantes que “é un orgullo poder ser un ano máis o berce dunha creación escénica deste nivel. Estamos encantados de acoller a vosa produción e apoiala de todas as maneiras que poidamos”.

Cita previa
Sede Electrónica
Pagos en liña
Directorio Empresarial
Escoitámoste
Liña directa co alcalde
Axenda
- 2025 +
- marzo +
L
M
M
X
V
S
D
 
 
 
 
 
9
29
30
31
 
 
 
 
 
 

Perfil de contratante
Boletíns
Museo Virtual SEA- Suelo Empresarial del Atlántico GDR Costa da Morte Grupos de Acción Costeira
COOKIES
Este sitio utiliza cookies para proporcionar os nosos servizos e realizar análisis de uso e de medición de nosa web. Se continúa navegando, consideramos que acepta o seu uso. Pode obter máis información, ou ben coñecer como cambiar a configuración do seu navegador, pulsando na nosa Política de Cookies | ACEPTAR X